Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo celebrará este sábado o Día Internacional da Muller Rural

teo dia da muller rural 16 outubro 2024

Bisbarra, 16 de outubro do 2024 – Con motivo do Día Internacional da Muller Rural, que se celebra cada 15 de outubro, o Concello de Teo programa para este sábado diversas actividades.

A xornada terá lugar no centro cultural A Ponte Vella durante toda a mañá. Comezará ás 10.00 coa presentación da exposición “Historias de Vida” que recolle relatos, anécdotas e experiencias vitais das mulleres de Teo, contado por elas mesmas.

Toda a información foi conseguida previamente polas técnicas do Centro de Información á Muller (CIM) de Teo a través dun pequeno obradoiro onde as participantes expuxeron e acordaron a mellor forma de visualizar as súas vivencias.

Seguidamente, celebrarase o obradoiro “Herbas das mulleres”, onde se abordará a medicina tradicional desde unha perspectiva de xénero. As bruxas vistas como “médicas”, as parteiras como “obstetras”, ou as atadoras como “fisioterapeutas”. Abordaranse as principais plantas medicinais da contorna, que están suxeitas á época do ano, achegando unha serie de plantas vivas que sirvan para dinamizar o faladoiro e para achegar o coñecemento popular sobre herbas menciñeiras.

Durante toda a exposición motivarase ás participantes a poñer en común receitas, saberes e coñecementos para ir tecendo a medicina popular. Desta referencia concreta e local faranse prolongacións a perspectivas máis amplas, como as abaladas pola ciencia, as popularizadas desde outras filosofías médicas como a oriental etc.

Para rematar, as participantes no obradoiro poderán elaborar un bálsamo medicinal. A última actividade desta xornada estará centrada nunha escape room sobre o papel de mulleres que cambiaron o transcorrer do mundo en diversos sectores, pensado para a toda a familia.

Asociacións locais Durante toda a xornada tamén haberá un posto da Asociación de Mulleres Rurais de Teo e outro da Asociación Teenses pola Igualdade, onde os asistentes poderán coñecer o funcionamento e o traballo que realizan durante todo o ano estes colectivos locais. Así mesmo, estará exposto o traxe tradicional da muller da Asociación a Ponte Vella.

Post navigation

Previous: Frades mellora unha estrada en Papución e o acceso a Chamuín, Ribadas e A Grela
Next: Máis dun millón de euros da Deputación para Touro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.