займ срочно

Reurbanizase o núcleo de Cachóns, en Teo, co Plan único da Deputación

0

Bisbarra, 15 de novembro do 2022 – O núcleo rural de Cachóns, en Teo, será reurbanizado e dotado de servizos de abastecemento de auga e saneamento.

As obras serán financiadas con cargo ao  Plan Único da Deputación da Coruña. O proxecto de Cachóns está en fase de licitación e supón un investimento de 276.000 euros, dos que 221.000 corresponden ao organismo provincial.

Obra permitirá mellorar e renovar todas as rúas interiores da aldea de Cachóns, na parroquia de Santa Baia de Oza. Os traballos dotarán ás vivendas da infraestrutura necesaria para dispor de abastecemento de auga potable e evacuación de augas pluviais e residuais naquelas casas que non dispoñan actualmente deste servizo.

Todas as pistas interiores contarán con novo pavimento que, segundo a zona, será de formigón con acabado superficial rugoso e delimitado en varios tramos con franxas transversais de adoquín de formigón de cor gris.

Implantarase unha nova rede de abastecemento de auga potable e completarase a rede de saneamento e augas residuais e fecais, dando servizo a todas as vivendas existentes e aos solares vacantes de edificación. Para iso, renovarase case totalmente a rede de pluviais e instalarase tamén a infraestrutura necesaria para soterrar o cableado do alumeado público, mellorando así tamén a estética do lugar.

As obras permitirán maior seguridade, accesibilidade e comodidade para os veciños nas rúas interiores de Cachóns, así como contar con servizos básicos como o abastecemento e saneamento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies