Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo solicita formalmente un acceso á autoestrada AP-9

teo-demanda-salida-autoestrada-slide-24-outubro-2024_r

Bisbarra, 24 de outubro do 2024 – Unha idea comentada moitas veces pero que nunca parece ser tomada en serio; agora o concello de Teo a formaliza ante o Ministerio de Transportes: un acceso á autoestrada AP-9.

O obxectivo de Teo é mellorar o tráfico rodado ao seu paso polo concello. Ë un dos poucos municipios que, pese a ser atravesado de norte a sur pola autoestrada, non ten un acceso á mesma. Ao mesmo tempo sería un xeito de aliviar os problemas das obras do Milladoiro na N-550.

Con esta solicitude preténdese dotar a Teo de dita conexión, a cal non suporía ningunha merma dos ingresos na concesionaria, xa que a entrada se situaría dentro do tramo denominado Santiago norte-Santiago sur, actualmente libre de peaxe.

Este novo enlace permitiría conectar a dita autopista coa estrada provincial CP-8202, o que evitaría un importante fluxo de tráfico, xa que para empregar a AP-9 con dirección sur, os usuarios necesitan desprazarse en sentido contrario cara o norte ata as saídas de Santiago O Milladoiro para poder coller o enlace máis próximo. Ese enlace actual está, en momentos puntuais, saturado con considerables retencións, as cales serán maiores cando comecen as obras de humanización do Milladoiro.

Polo tanto, atendendo a unha necesidade real da veciñanza de Teo e dos municipios limítrofes, o Concello considera máis que necesario realizar un estudo de viabilidade para abrir esta nova entrada con dirección Vigo e unha saída para os vehículos que proceden de dita cidade unha vez superada a peaxe. 

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo. destaca  que esta pode ser tamén unha moi boa solución ao problema que o propio Ministerio creou ao seguir adiante coas obras de humanización do Milladoiro, xa que non ofreceu ningunha alternativa real para evitar os futuros atascos que vai ocasionar este proxecto.

Este novo posible acceso á AP-9 suavizaría o tráfico rodado, o cal suporía tamén beneficios cara o medio ambiente.

Post navigation

Previous: A Xunta busca reducir prazos e evitar permisos municipais na construción de novas vivendas
Next: Cine Fórum e club de lectura feminista en Touro

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.