Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Axenda

Teo presenta a cuarta edición de Titiriberia

O Festival Titiriberia ofrecerá en Teo 12 funcións nunha cuarta edición que afondará na creación de públicos escolares, na descentralización e na recuperación dos monicreques tradicionais.
teo-titiriberia-2019-slide-6-nov-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Teo, 6 de novembro do 2019 – O Festival Titiriberia ofrecerá en Teo 12 funcións nunha cuarta edición que afondará na creación de públicos escolares, na descentralización e na recuperación dos monicreques tradicionais.
    • Transversalidade
    • Funcións
    • Na Feira de Francos

Teo, 6 de novembro do 2019 – O Festival Titiriberia ofrecerá en Teo 12 funcións nunha cuarta edición que afondará na creación de públicos escolares, na descentralización e na recuperación dos monicreques tradicionais.

Adición de este ano comezará o próximo día 9 e durará ata o 15 de este mes. Titiriberia. Olladas sobre o cristovos presenta unha programación que inclúe funcións escolares, animación do campo da festa na Feira de Francos, mesas redondas, mostras e cursos de formación para profesionais.

Transversalidade

Festival TitiriberiaTitiriberia está organizado pola Asociación Cultural Morreu o Demo co apoio do Concello de Teo e da Deputación da Coruña. Este ano afondará na “transversalidade”, de xeito que a súa programación está pensada para desenvolverse entre tres piares fundamentais: a descentralización, levando as actuacións a diferentes puntos do concello de Teo; a implicación do sector profesional, a través de cursos de formación que imparte a prestixiosa artista napolitana Irene Vecchia, e a aposta clara pola creación de novos públicos, mediante o conxunto de funcións, videoforums e obradoiros que se están a desenvolver nos institutos e colexios do municipio baixo o paraugas ‘Da barraca á aula’, programa escolar que se desenvolve ao abeiro das subvencións para actividades culturais da Deputación da Coruña.

Festival TitiriberiaNa rolda de prensa de presentación participaron a presidenta da Asociación, Comba Campoi; e a coordinadora do Titiriberia, Larraitz Urruzola, xunto á concelleira de Cultura de Teo, Maite Argibay, e ao deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto.

Funcións

A primeira das representacións para público escolar celebrarase o vindeiro 12 de novembro, estará destinado ás alumnas e aos alumnos do último ciclo de primaria e correrá a cargo do compañía Fantoches Baj, que representará a súa peza Fábula Galénica en dúas sesións (10.30 e 12.30) no Auditorio Constante Liste. Nesa mesma xornada, no Salón de Actos do IES Cacheiras ás 13.35 h., actuará Marcelo Lafontana para o alumnado de 1º e 2º da ESO. 

Dous días despois, o 14 de novembro, a compañía La pícara locuela representará El Faldón de la locura, montaxe dedicado ao alumnado de educación infantil no Auditorio Constante Liste en dupla sesión, ás 10.00 h. e ás 12.30 h.

Na Feira de Francos

Un ano máis, Titiriberia asentará a súa presenza na Feira de Francos polo San Martiño coa instalación da súa xa habitual Barraca. Este espazo escénico, situado na Carballeira, abrirá a súa actividade o domingo 10 de novembro ás 21.30 h. coa estrea de As varietés do Barriga Verde, un espectáculo que. presentado por Iria Pinheiro co acompañamento musical do grupo Áureas, contará coas actuacións de clown, escapismo e manipulación de obxectos a cargo de Pajarito, Maria Dobronich (Arxentina), Quinquilláns, Trécola e Alakrán.

Xa o luns, día de San Martiño, a partir das 10.30 h. as compañías galegas Títeres Alakrán, Seisdedos Marionetas e a Cía Indignati da Asociación Galega de Commedia dell’arte encargaranse da animación de rúa e do campo da festa con diferentes actuacións que servirán para chamar a atención do público. Ás 11.30 h., na propia Barraca, chegará a quenda de Barriga Verde ataca de novo, espectáculo de Títeres Alakrán, e ás 12.30 h., a artista napolitana Irene Vecchia presentará a súa peza Pulcinella. A actividade na Barraca completarase pola tarde xa co artista de orixe brasileira afincado en Portugal Marcelo Lafontana que ofrecerá a partir das 16.00 h. un pase da súa peza Mamulengo Capiroto, que tamén se poderá ver pola mañá nunha primeira sesión ás 10.30 h.

A actividade de Titiriberia, lonxe da Feira de Francos, estenderase a diferentes  puntos do Concello con tres espectáculos para o público familiar. O primeiro deles terá lugar o sábado 9 de novembro ás 18.00 h. no Local da Asociación A Mámoa (Iglesia, 18. Luou), que recibirá a Viravolta Títeres e a súa peza Barriga Verde. A segunda prográmase para o vindeiro  mércores 13 de outubro no A.R.C Os Tilos e correrá a cargo da  compañía galega Títeres Cachirulo que lle brindará ao público a súa peza Camiño de Aventuras. E a terceira celebrarase o venres 15 de outubro no local A.C.R San Xoán de Calo, que acollerá  Juego de Polichinelas, da compañía segoviana La Pícara locuela.

Finalmente, a oferta de Titiriberia se completa coa exposición A grande familia do títere europeo, que se pode visitar até o día 15 na Piscina Municipal; a mostra sobre a historia de Barriga Verde que acollerá a propia Barraca na Feira de Francos e a mesa redonda que se celebrará este sábado 9  ás 20.00 h. na Casa Grande de Cornide baixo o título Onde vai a cachaporra? Títeres tradicionais no panorama galego. Nela participarán Topo Vidal, Irene Vecchia, Os Monicreques de Kukas e a titiriteira lalinense Pilar Álvarez Blanco.

Post navigation

Previous: O goberno de Ames recupera a xestión de impostos e sube o IBI e o ICIO
Next: Electrolírica esta noite no Flamingo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.