Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo e a USC renovan o convenio de colaboración en materia de asesoramento enerxético e atención cidadá

convenio-USC_Teo-slide-240917_r

Bisbarra, 19 de setembro do 2024 – O Concello de Teo vén de renovar o convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, USC, en materia de asesoramento enerxético e atención do punto de información para a veciñanza.

Teo e a USC acordaron tamén novas medidas enmarcadas na Axenda Urbana 2024. A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, e a profesora adscrita ao Departamento de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Rosa María Regueiro, formalizaron a dita renovación na Casa Consistorial.

Este servizo de asesoramento vense dando desde hai anos e seguirá un ano máis coa intención de manter informados a veciñanza de Teo sobre as facturas eléctricas. Neste senso, o servizo que se ofrece é de aconsellar, por parte dos técnicos da USC, sobre o impacto da pobreza, da vulnerabilidade e das desigualdades enerxéticas, ofrecendo alternativas para conseguir aforros nas facturas eléctricas, así como outras posibles melloras nas prestacións.

Ademais a veciñanza tamén pode consultar se pode solicitar o bono social eléctrico e cales son os requisitos que debe cumprir unha persoa para ser considerada consumidora vulnerable.

Este servizo prestase na Casa Consistorial todos os mércores, no Salón de Plenos, en horario de 10.00 a 12.00 horas. Así mesmo, o novo convenio tamén inclúe charlas de boas prácticas para o aforro enerxético nos fogares, que se levarán a cabo polas parroquias para facilitar a asistencia ás mesmas.

Post navigation

Previous: Tordoia, Trazo e Cerceda acollen DesOrdes Creativas
Next: Patinando no campo de fútbol

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.