Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo acollerá un congreso sobre fibromialxia

congreso-fibromialxia-slide-normal-14-outubro-2024_r

Bisbarra, 14 de outubro do 2024 – O concello de Teo acollerá a vindeira fin de semana, o sábado 19, un congreso organizado pola Asociación Galega de Fibromialxia (AGAFI) que abordará distintos aspectos desta enfermidade.

As actividades terán lugar no Hotel Congreso e con distintos axentes sociais que traballan a diario na problemática da fibromialxia. O acto de apertura e inauguración será desenvolto pola presidenta de AGAFI,  M. Dolores Bermúdez.

O programa de conferencias que se poderán escoitar o vindeiro sábado comeza coa denominada “Balneoterapia e promoción da saúde”   a cargo de Juan Jesús Gestal Otero (Profesor emérito de medicina preventiva e Saúde pública, e director da Cátedra de Hidroloxía Médica da USC-Balnearios de Galicia)

A xornada continuará falando do “Certificado de discapacidade: conceptos, recursos e beneficios”, impartida por Juana María Tubío Ordóñez (Traballadora social e Vicesecretaria de COGAMI).

“A fibromialxia e a incapacidade laboral”  será a seguinte charla que dará María Pilar Señor Sánchez (Avogada). En este caso ademais da fibromialxia abordarase o tratamento da incapacidade laboral no referente á dor en xeral.

Ao remate das citadas conferencias terá lugar no propio Hotel Congreso un xantar, ao que as persoas que o desexen (sexan ou non socias) poderán anotarse previamente (nos teléfono da asociación 981 57 45 93 e 650 26 17 38).

AGAFI e fibromialxia                                                                    

AGAFI e únha asociación sen animo de lucro, formada por persoas afectadas por esa doenza (fibromialxia), e persoas voluntarias (afectadas e non afectadas), que colaboran aportando parte do seu tempo para axudar a que todos os proxectos saian adiante.

A fibromialxia consiste nunha enfermidade crónica caracterizada por unha dor xeneralizada que, nalgúns casos, pode chegar a ser incapacítante. ë un problema importante de saúde pola súa elevada prevalencia, morbilidade e polo alto índice de frecúentacion e consumo de recursos sanitarios que orixina.

O 90% dos pacientes son mulleres, e afecta a un 6% dos que acoden as consultas de atención primaria. A fibromialxia caracterízase por: dor xeneralizada que se acompaña de rixidez, cansazo, sono non reparador, falla de concentración, e outras alteracións xerais como son taquicardias, malestar abdominal, sensibilidade a luz e ao son…

É unha enfermidade de orixe descoñecida que non produce alteracións orgánicas, polo que as analíticas, radiografías, …..son normais, baseándose o seu diagnostico no cadro clínico e na exclusión doutras enfermidades. Evoluciona en brotes e non existe tratamento específico, so se tratan os síntomas.

Post navigation

Previous: XIII Xornadas dá Rede Galega Contra a Trata
Next: Ames aproba por unanimidade a Conta Xeral de 2023

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.