Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo media no conflito laboral da empresa concesionaria da limpeza

teo-problemas-empresa-limpeza-slide-7-xunho-2024_r

Bisbarra, 7 de xuño do 2024 – A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, reuniuse cunha representación da empresa UTE Geseco-Cespa para mediar entre as partes afectadas polo actual conflito laboral.

A empresa presta o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria en Teo. Na reunión participaron ademais os concelleiros de Medio Ambiente, Rogelio Lema, e o de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro. A rexedora manifestou a súa preocupación ante a situación actual, trasladada xa polo comité sindical o pasado 12 de marzo.

Lucía Calvo reiteroulles, ao igual que na anterior xuntanza do 11 de abril, a súa vontade de tender pontes de entendemento entre as partes afectadas e salientou a importancia de que ambas partes se reúnan para tratar de achegar posturas.

Por parte do Concello, lembrou a rexedora, estase traballando no proceso de licitación para corrixir a irregular situación herdada do anterior executivo, xa que o actual contrato de limpeza con esta empresa leva anos en precario. “Entre todos debemos arrimar o ombreiro para acadar unha situación armoniosa, posto que se trata dun servizo esencial para toda a veciñanza de Teo”, remarcou a alcaldesa de Teo.

Ao igual que fixo na xuntanza mantida coa representación sindical da empresa, Lucía Calvo de la Uz apelou á boa vontade entre todas as partes.

Post navigation

Previous: Melloras na seguridade viaria de Vedra
Next: A empresa municipal de augas de Ames acusada de servir de porta xiratoria

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.