Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Teo
  • Xeral

XXIII edición do Concurso Morfolóxico Cabalar do Concello de Teo

teo-concurso-cabalar-slide-21-agosto-2024_r

Bisbarra, 21 de agosto do 2024 – O Concello de Teo ven de presentar a XXIII edición do Concurso Morfolóxico Cabalar, que terá lugar este domingo 25 no lugar de Ribas, na parroquia teense de Oza.

A proba cabalar é unha cita ineludible para os amantes do cabalo onde se exhibirán os mellores exemplares de Pura Raza Autóctona e Española. Haberá concurso de beleza, doma e probas de arrastre.

A xornada estará amenizada con música, xogos populares e diversos obradoiros para a cativada. Tamén estarán presentes diversos postos de alimentación e unha exposición de motos antigas.

Esta nova edición, na que tamén colabora a Asociación Amigos do Cabalo de Teo, pretende poñer en valor a figura do cabalo, un animal que no municipio teense ten gran relevancia posto que é o gran protagonista en diversos eventos culturais.

A cultura cabalar é un dos estandartes dos Xenerais da Ulla, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e da máis que coñecida e prestixiosa feira do San Martiño, que se celebra cada 11 de novembro na carballeira de Francos.

Cómpre salientar que o Concello remitiu unha nova solicitude á Xunta de Galicia para declarar a Feira do San Martiño como Festa de Interese Turístico de Galicia.  Esta feira está especializada na venda do gando cabalar, mular e asnal e conta con máis de 500 anos de antigüidade.

Desenvolvemento da xornada

Sobre as 8.30 horas da mañá procederase á apertura de inscricións, onde cada propietario de animais deberá entregar á Organización do evento a carta de orixe no momento de formalizar a inscrición.

A partir das 10.00 horas comezarán as distintas exhibicións de poldros, percheróns, cabalos e eguas, rematando a xornada con probas de arrastre cara ás 18.30 horas da tarde. Seguidamente, procederase á entrega de premios, dando así por concluída a edición de 2024. Contarase ademais cun amplo abano de actividades previstas para os máis pequenos. Desde as 17.00 horas haberá un obradoiro para facer chapas de cabaliños, ademais de xogos de habilidade, xogos populares e un parque de inchables. Poderán desfrutar tamén dun posto de frigolosinas de balde e rematar a xornada coa festa da escuma sobre as 20.00 horas.

Post navigation

Previous: Dodro acolle a gravación da serie LUME
Next: Compostela aposta por un plan supramunicipal de mobilidade

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.