Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

Teo comunícalle a Toysal o cese da actividade na canteira

O conflito da canteira da Casalonga da un novo xiro de guión coa resolución do concello que comunica a Toysal o cese da actividade.
Situación da antiga canteira na Casalonga

Table of Contents

Toggle
  • Teo, 15 de setembro do 2021 – O conflito da canteira da Casalonga da un novo xiro de guión coa resolución do concello que comunica a Toysal o cese da actividade.
    • Incumprimento da licenza de explotación
    • Prazo de 15 días para alegar

Teo, 15 de setembro do 2021 – O conflito da canteira da Casalonga da un novo xiro de guión coa resolución do concello que comunica a Toysal o cese da actividade.

O acordo, que xa foi comunicado a Toysal e sera explicado no vindeiro pleno ordinario, obriga á reposición da legalidade. A resolución prodúcese ao non ter a instalacións as condicións esixidas na licencia outorgada en 1978.

Situación da antiga canteira na CasalongaIncumprimento da licenza de explotación

Toysal ampara todo o seu proxecto na licenza concedida en 1978. O documento permitía a instalación dunha canteira, planta de trituración, clasificación e ensilado, e planta de formigón. O permiso, outorgado pola Comisión Provincial de Servicios Técnicos,  obrigaba a unha serie de condicións concretas ao considerarse unha actividade “molesta, insalubre e perigosa”.

Nas inspeccións levadas a cabo por técnicos e policía municipal detectouse que non se cumprían condicións como a non existencia dunha “edificación na que se realice o machaqueo de maneira cuberta e pechada, dunha instalación de rega contínuo e automático

con atomización de auga sobre a planta de maquinaria, non existe construción dun muro de contención das areas depositadas…”

A maiores disto o proxecto achegado no seu día, , engade a resolución,  “en ningún caso supón un documento técnico completo, todo iso sen entrar en maiores concrecións sobre incumprimentos dalexislación sectorial vixente”.

Prazo de 15 días para alegar

Todas as condicións explicitadas na resolución son necesarias para o mantemento da concesión. Con este argumento o concello comunica a Toysal o “cese inmediato da actividade de apertura dunha canteira, planta de trituración e ensilado, situada na Casalonga, sen o correspondente título habilitante”. O concello incoa ademais un expediente de reposición da legalidade urbanística concedendo un prazo de quince días á empresa para que poida alegar e presentar os documentos e xustificacións que estime oportunos.

 

O documento completo pode verse no seguinte enlace

Post navigation

Previous: Un botellón nun cemiterio de Vedra acaba con dez sancionados
Next: Ames e Igaxes aposta por mellorar as relacións entre nenos e pais

Máis novas

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Casa consistorial de Teo
3 minutes read
  • Teo

Teo instala un sistema de cámaras nos accesos ao municipio

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

Elementos que se usara en Teo para a campaña sobre a fracció orgánica
2 minutes read
  • Xeral

Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.