Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo cederá parcelas para vivenda de promoción pública

O pleno de Teo celebrado este mércores aprobou a cesión á Xunta de Galicia de terreos en Lucí paa promoción de vivenda pública.

Casa consistorial de Teo

Teo, 26/02/2026 . Teo cederá terreos en Lucí á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia. Son dúas parcelas destinadas a vivendas de promoción pública.

A decisión foi aprobada no pleno ordinario de febreiro celebrado este mércores. As parcelas están situadas no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí.

As parcelas están situadas na rúa da Lagoa. Teñen unhas superficies de 3.895 e 2.304 metros cadrados. Segundo o planeamento municipal, están destinadas á construción de vivenda plurifamiliar e forman parte do Patrimonio Municipal do Solo creado polo Concello mediante acordo plenario do 29 de outubro de 2008.

Tal e como se recolle na Proposta, esta cesión gratuíta redunda de maneira evidente e positiva en beneficio dos habitantes do termo municipal na medida en que a construción de vivenda é un dereito dos cidadás e unha obriga das Administracións Públicas, tendo a súa execución un impacto positivo e evidente para os habitantes do Concello.

Unha vez aprobada esta Proposta no Pleno do Concello, deberá someterse o expediente a información pública polo prazo de vinte días mediante o seu anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello, para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren pertinentes.

No caso de que non houbera ningunha alegación, o acordo deberá levarse de novo a Pleno para a súa aprobación definitiva e, posteriormente, publicar o anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña.

Estas dúas parcelas súmanse á cedida no ano 2025 e que está situada na rúa Cernadelo, no lugar das Galanas, parroquia de Calo. Trátase dunha parcela cunha superficie de 1.985,10 metros cadrados, onde se construirán as futuras vivendas de promoción pública.

Modificación Puntual nº 1

Outro acordo que se debateu no Pleno de onte en Teo foi a aprobación inicial e exposición pública da Modificación Puntual nº1 dp PXOM, SUND-1, solicitado por un promotor privado.

Esta modificación puntual proposta ten por obxecto a introdución do uso terciario en substitución do uso residencial nun ámbito concreto do planeamento vixente, co fin de dotar á área urbana de Reborido de servizos e actividades comerciais que responden a unha demanda real acorde coas actividades que se desenvolven no seu contorno inmediato.

Esta proposta xustifícase plenamente por razóns de interese público e favorece un desenvolvemento urbanístico equilibrado, sostible e conforme ao marco legal vixente.

O promotor da dita modificación asume a incorporación da ordenación detallada do sector SUD-1a (antes SUND-1), así como o cumprimento íntegro dos deberes e cargas urbanísticas legalmente esixibles aos desenvolvementos de iniciativa privada.

Unha vez aprobada inicialmente esta Proposta no Pleno do Concello, deberá someterse o expediente a información pública polo prazo de dous meses.

O Concello deberá solicitar os informes sectoriais autonómicos e nacionais preceptivos, que deberán ser emitidos no prazo de tres meses e suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición por un período de dous anos.

Día Internacional da Muller

O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller e, con este motivo, levouse tamén a Pleno a aprobación dunha declaración institucional, elaborada de forma conxunta entre o Partido Popular e o Partido Socialista.

Nela anímase dende o Concello a participar das reivindicacións e actividades do 8 de marzo para dar visibilidade a ese día e ao papel importante da muller, sempre dente unha postura pacifista e de apoio mutuo, que permita avanzar co xa conseguido e sen crear confrontacións que tiren por terra o que tantas e tantas mulleres loitaron por conseguir.

Post navigation

Previous: Padrón concede os “Rumorosas 2026”
Next: A Deputación leva a Ordes e Cerceda modelos de turismo sostible

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.