Teo, 7 de febreiro do 2022 – A Plataforma Casalonga Limpa de Resiudos segue a buscar cambios nas leis que impidan desfeitas medioambientáis e a pasada reuniuse con Hugo Morán, secretario de Estado de Medio Ambiente.
O encontro fora acordado hai meses co Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones que estivo presenta na reunión. Tamén participou na reunión Uxía Lemus, voceira socialista en Teo..
Os representantes da Casalonga lembraron que desde o último contacto, en abril do 2019, non se apreciaran cambios na normativa que afecta non só a canteira se non a espazos como Miramontes, Fecha ou Vila de Cruces.
O secretario adiantoulles a próxima aprobación dunha lei de residuos e solos contaminados que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2023 e que inclúe un imposto aos residuos de construción que non se reutilicen, propiciando así a economía circular e copiando un sistema que está a dar hipotéticos bos resultados en Cataluña.
A plataforma valorou esta medida como un paso adiante pero insistiu na necesidade de modificar o decreto 975 para disuadir ás empresas na súa picaresca, medida que o secretario valorou estudar.
Dado que a lei que se pretende modificar atinxe ao ámbito estatal, a xuntanza rematou coa negativa a prohibir o uso de canteiras como vertedoiros amparándose en que a casuística noutros lugares era moi diferente.
