займ срочно

Oposición na oposición de Teo

0

Teo, 21 de outubro do 2021 – No concello de Teo sempre hai algo do que falar nas casas e locais de reunión, xa sexan camposantos, sillas ou listas electorais.

En canto a eleccións a veciñanza mais maior lembra a candidatos como Urbano Ouro, disidentes como José Manuel Neira ou arribistas como Manuel Parajó. O caso é que de novo, como no 2003, aparece oposición dentro da oposición.

Estes días circula por Teo, non podemos constatar se pouco ou moito, unha carta asinada por José Manuel de la Capilla, un dos integrantes da lista do Partido Popular nas últimas eleccións. En ela di literalmente ” y yo me pregunto: HAY EN TEO oposición. El Partido Popular, al que yo apoyé en su momento, tampoco hace oposición ni crítica siquiera”.

A carta continúa lembrando que en menos de dous anos hai eleccións e que “visto lo que hay, ya lo mejor es no ir a votar a nadie a no ser que haya una candidatura con gente responsable y seria”.

Unha plantexado o problema e a situación a misiva da tamén a solución “a ver si se lograse una candidatura independiente, sin pertenecer a ningunas siglas partidistas. una candidatura con gente conocida en las parroquias, gente con preparación…”. A publicación remata dicindo “pensemos en las próximas elecciones amig@s. Por nuestro bienestar y que dejen de engañarnos vilmente.

Entre a rotura do goberno e o órdago de José Manuel de la Capilla a veciñanza de Teo ten de que falar. A oposición á oposición é un clásico de cada elección así que seguiremos moi atentos a todo o que suceda de aqui ao 2023.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies