Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Toysal reuniuse coa alcaldesa de Teo para comunicar o peche da estrada da canteira da Casalonga

A canteira da Casalonga volve á actualidade en Teo xa que a empresa reuniuse coa alcaldesa para anunciar o peche da pista de entrada.
teo-casalonga-pista-canteira-slide-28-xullo-2023_r

Bisbarra, 28 de xullo do 2023 – A canteira da Casalonga volve ao primeiro plano da actualidade en Teo ao coñecerse que a empresa reuniuse coa alcaldesa para anunciar o peche da pista de entrada.

No último mes a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos publicara unhas imaxes nas que aparecían camións con contedores transitando pola canteira. Ao parecer estaban limpando as marxes da pista pero a preocupación volveu á veciñanza.

No pleno ordinario de este xoves, xa no capitulo de rogos e preguntas, o voceiro de Proxecto Común de Teo preguntaba pola intención da empresa de pechar a pista da canteira e que información se tiña sobre esta cuestión.

A alcaldesa, Lucía Calvo do Partido Popular, mostrábase sorprendida pola pregunta e explicaba que hai meses que o concello recibira  a comunicación previa de Toysal de que pecharía a pista, amparándose na sentencia xudicial que lle outorgou a propiedade. Calvo engadía que María López, número 1 da lista do PXCT,  en aquel momento era parte do goberno municipal e polo tanto tiña que sabelo

A alcaldesa dicía tamén que se reunira coa empresa acompañada pola secretaria e o arquitecto municipal. Na reunión a empresa comunicara a intención de pechar a pista.

Agora falta por saber cando se fará efectivo o peche e si o novo goberno municipal toma algunha decisión ao respecto do conflito. A única vía que queda aberta e a civil, unha fórmula con poucas posibilidade de funcionar pero que se lle reclamara ao anterior goberno en distintas ocasións.

Post navigation

Previous: Remata a construción dunha senda peonil e ciclista na AC-524 en Frades
Next: Melide prepárase para as Festas de San Roque

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.