Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Teo

Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

A campaña está dirixida á veciñanza dos núcleos urbanos e aos negocios de Teo susceptibles de xerar materia orgánica.

Elementos que se usara en Teo para a campaña sobre a fracció orgánica

Teo, 01/07/2026 – Teo comeza hoxe unha campaña de información e divulgación da fracción orgánica, baixo o lema “Ti tes a chave”. A veciñanza dos núcleos urbanos recibirán información sobre os colectores marróns, poderán darse de alta no programa e recoller o seu kit composto por caldeiro, bolsas compostables, chave e folleto informativo.

O colector marrón, a quinta fracción, ten como uso exclusivo a recollida de residuos orgánicos. Este novo depósito ten a particularidade de estar pechado coa finalidade de concienciar á veciñanza da separación de residuos orgánicos.

O concello de Teo céntrase en este caso na poboación que habita no núcleo urbano onde existen edificios en verticalidade, así como os establecementos susceptibles de xerar materia orgánica. Ao mesmo tempo a empresa adxudicataria visitará porta a porta os establecementos xeradores de biorresiduos como restaurantes, froitarías, supermercados e outros, co fin de informarlles sobre a fracción orgánica e ter un rexistro de establecementos interesados.

Teo colocará 150 contedores marróns en diversos puntos dos núcleos urbanos das parroquias dos Tilos, Cacheiras, Calo, Oza e Lucí. Situaranse de forma progresiva a partir de mediados do mes de xullo, reforzando así a recollida separada de residuos no casco urbano, sendo este proxecto totalmente voluntario para a cidadanía.

Hoxe comeza en Teo a campaña de sensibilización e divulgación sobre o colector marrón. Será na rúa Loureiro, xunto ao estacionamento do Centro Comercial Os Tilos en horario de 10.00 a 14.00 horas. A segunda será o 8 de xullo na Travesía de Montouto, á altura da cafetería Maradentro (na praza peonil), no mesmo horario. O resto iranse comunicando nas redes sociais do Concello de Teo.

Post navigation

Previous: Os segredos do eclipse solar este sábado en Arzúa
Next: O fondo documental do Pazo de Andeade incorpórase ao Arquivo Histórico universitario

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.