Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Unha caravana para o 25N de Teo

Teo pon en marcha as actividades vinculadas ao 25 N e estrea unha caravana lila a modo de Centro de Información á Muller, CIM, itinerante.
teo-25-n-slide-23-novembro-2022_r

Bisbarra, 23 de novembro do 2022 – O concello de Teo pon en marcha as actividades vinculadas ao 25 N e estrea unha caravana lila a modo de Centro de Información á Muller, CIM, itinerante.

A caravana usarase en eventos para concienciar e traballar no tema da igualdade e tamén se busca visibilizar o funcionamento do CIM. O novo punto lila estará nos seguintes lugares de 10.30 a 13.30 horas:

Mércores 23 nos Tilos, na zona da biblioteca pública.

Xoves 24 na Travesía de Reborido.

Venres 25 na Ramallosa, fronte ao Concello.

As persoas que se acheguen á caravana recibirán material divulgativo da campaña contra as violencias. Dende o CIM anímase a subir fotos ás redes cos cancelos #teocontraasviolencias e #teosenviolenciasmachistas

A caravana é antiga e foi mercada grazas á subvención que recibe Teo do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

Teatro

Na semana do 25 Teo programa dúas citas teatrais con temática relacionada coas violencias. Hoxe mércores 23 ás 19:00 horas poderase ver a obra Golpes con Estíbaliz Veiga. A obra conta a historia de Pamela, unha rapaza que nos fala da súa vida, dos seus soños e que busca traballar na prevención da desigualdade.

O venres 25 ás 21:00 horas Redrum Teatro presenta o espectáculo Invisibles. É unha obra para persoas adultas na que se relatan casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Está protagonizada por Mela Casal, Sheyla Fariña e Nieves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre. Os dous espectáculos son de balde mais con reserva de entrada premendo aquí

Antes de comezar a obra o día 25 farase a lectura do manifesto institucional polo día contra a violencia de xénero.

Campaña De fronte

O Concello tamén participa na campaña impulsada pola Deputación da Coruña De fronte á violencia de xénero. Este ano faranse ciberquedadas o 23 de novembro e o IES de Cacheiras participa nunha delas. A mocidade é un dos colectivos nos que resulta máis interesante traballar sobre o tema da desigualdade e a violencia machista para poder previla.

Talleres

Dende o CIM realízanse de xeito periódico talleres e obradoiros dirixidos a mulleres. O 26 de novembro e o 10 de decembro teremos na biblioteca dos Tilos, de 10:00 a 13:00 horas, dúas sesións sobre autocoñecemento e saúde sexual. Traballarase o concepto da sexualidade, saúde sexual así como outras cuestións como os mitos relacionados co amor romático e a creación de relacións positivas e saudables.

Post navigation

Previous: Dimite o concelleiro de obras de Compostela, Javier Fernández
Next: 40 anos de Roberto Verino no Museo do Pobo Galego

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.