Bisbarra, 12 de xuño do 2024 – Despois da negativa de Compostela a ampliar a liña 6 do bus urbano, o concello de Teo ten xa unha proposta de buses lanzadeira que acaba de levar á Xunta de Galicia.
A alcaldesa de teo, Lucía Calvo, reuniuse coa directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla, para presentarlle a proposta e coñecer de primeira man a súa viabilidade. A iniciativa enmárcase dentro dun convenio entre ambas as dúas administracións polo que se presta un servizo de interese municipal.
Lucía Calvo lembrou unha vez mais que o servizo terá máis vantaxes que desvantaxes e que dará servizo a 9.000 persoas das parroquias dos Tilos, Cacheiras, e na zona da Ramallosa. Esta conexión, engadiu, aliviaríase o tráfico rodado cara a Santiago e suporía vantaxes de respecto co medio.
A liña lanzadeira permitiría ademais o transbordo gratuíto para os usuarios. Na reunión a directora xeral deu o seu visto bo para analizar esa proposta e salientou que as novas demandas se estudarían na máxima brevidade posible, co fin de poder implementar o dito servizo nun prazo curto de tempo.