Teo, 15 de xuño do 2020 – Tras o éxito do concello de Padrón, que esgotou todas as entradas do autocine no Souto, o concello de Teo prepara sesións en todas as parroquias do concello.
Dende a Concellería de Cultura prepárase un programa cultural de Autocine como alternativa segura de ocio. Comezará este mesmo mes e durará ata o mes de setembro en colaboración coas comisión de festas, asociacións, entidades ou colectivos de veciñanza.
Adaptar o espazo
O autocine require dun espazo maior polo que desde o concello se explica que o número de prazas adaptarase ao sitio de proxección, ben sexan campos de festa, explanadas, etc.
A prioridade para recoller entradas será para a veciñanza empadroada nas propias parroquias onde se proxecte o filme e por orde de apuntamento. No caso de que queden entradas libres poderase ter en conta a entrada das persoas doutras parroquias diferentes a onde se proxecte o filme, sempre con previo apuntamento.
A reserva de entradas farase a través das comisións de festas, asociacións, ou colectivos de referencia a nivel parroquial, no caso de habelos, ou no enderezo electrónico: autocinecultura@teo.gal, nos telefónos 881 957 534 – 689 386 303 en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres, indicando o nome e apelidos, número de DNI, teléfono, aldea e parroquia, matrícula do coche e a película que quere ver.
Non se poderá asistir sen previo apuntamento para a retirada da entrada e sen cumprir os requisitos.
Para garantir a asistencia da veciñanza á súa parroquia correspondente terán preferencia os veciños e veciñas da parroquia na que se proxecte o filme correspondente e por orden de apuntamento.
O prazo para sacar as entradas será de quince días antes da proxección de cada un dos filmes.
O programa completo o podes descargar premendo teo autocine 15 xunho 2020.