Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo destinará 200.000 euros ao arranxo de varias rúas dos Tilos

teo-arranxo-ruas-tilos-slide-5-agosto-2024_r

Bisbarra, 6 de agosto do 2024 – O concello de Teo inicia o proceso de contratación da obra de asfaltado de varias rúas municipais situadas na zona dos Tilos.

Estas rúas dos Tilos están moi deterioradas con descarnaduras, fendas e fochancas distribuidas de maneira xeralizada pola súa superficie. Unha situación que fai que sexan case inservibles.

O actual deterioro das rúas Ameneiro, Castiñeiro e Carballo é consecuencia tanto da antigüidade do último pavimentado como das inclemencias meteorolóxicas propias do paso do tempo. Tamén inflúe o propio desgaste ocasionado polo uso do mesmo, con moito tráfico rodado por estas vías.

As actuacións previstas pretenden resolver o deficitario estado de conservación dos pavimentos da calzada xa que o seu estado impide o correcto uso polo cidadán. O obxectivo final é mellorar o desprazamento por estas vías e reforzar a seguridade viaria nos Tilos.

As obras ademais de mellorar os accesos existentes e a sinalización, consistirán fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe das pistas, incluíndo a limpeza de gabias. Procederase ao reasfaltado de calzada, previa reparación de baches e perfilado de mordentes ao 10% da superficie con aglomerado asfáltico.

O tramo a arranxar comprende unha lonxitude total duns 1.500 metros con anchuras variables e cunha superficie total a aglomerar de 12.725 m². Tamén se levará a cabo o recrecido de dezanove tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado e procederase á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais.

O orzamento previsto para esta actuación ascende a 190.869,82 euros e o prazo de execución estímase nun dous meses. A licitación do contrato sairá nas vindeiras semanas na Plataforma de Contratación do Sector Público.

Post navigation

Previous: Val do Dubra segue coas protestas contra o vertedoiro de Niveiro
Next: Ramón F. Reboiras presenta en Dodro “El chevrolet de Pessoa”

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.