Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Teo

Teo adorna as “árbores do noso” e colaborar co comercio local

O concello de Teo da a saída ao Nadal cun convite a adornar as "árbores do noso" este venres e sábado.
teo-actividades-nadal-slide-10-decembro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Teo, 10 de decembro do 2021 – O concello de Teo da a saída ao Nadal cun convite a adornar as “árbores do noso” este venres e sábado.
    • comercio local

Teo, 10 de decembro do 2021 – O concello de Teo da a saída ao Nadal cun convite a adornar as “árbores do noso” este venres e sábado.

Teo pide á veciñanza que se achegue a algunhas das ubicacións das árbores de madeira cunha bola ou adorno. O concello convidará a un chocolate a todos os que participen na actividade. Tamén se anima a que cada un leve a súa propia taza para evitar residuos.

María López, concelleira de Desenvolvemento Local e Cultura, explica que “programamos unha oferta de Nadal moi pensada para as crianzas pero sen esquecer ao noso comercio”. As “árbores de noso” son artesanía local xa que as pezas son obra de Rodrigo Mosquera de Tres Oficios e estarán ubicadas en zonas comerciais de Teo.

Despois da chocolatada de esta fin de semana, o sábado 18, o Apalpador visitará a ruta Apego en Pontevea de 12:00 a 14:00 h e de 16:00 a 18:00 h; o domingo 19 mercado de Nadal nos Tilos de 11:30 a 19:30 horas; o venres 24 en Cacheiras e Montouto pasacalles de música e espectáculo de cabezudos e gaiteiros ás 16:30 horas e o martes 28 tfotomatón de Nadal, na Casalonga de 11:30 a 13:30 e en Luou de 14:30 a 16:30 h.

As “árbores de noso” tamén terán Cantos de Nadal con actuacións na rúa de coros do Concello nos seguintes horarios:

23 de decembro na Casalonga ás 19:15 h grupo da SR San Xoán de Calo.

23 de decembro en Pontevea ás 20:00 h grupo da Mámoa de Luou.

30 de decembro en Cacheiras ás 19:15 h grupo da SR San Xoán de Calo.

30 de decembro en Luou ás 20:00 h grupo da Mámoa de Luou. arriba

comercio local

A Campaña de apoio ao comercio e a hostalaría local de Teo repartirá este Nadal máis de 6.000 euros en vales de 50 euros. Un total de 70 establecementos participan nesta iniciativa que permitirá premiar aos consumidores e aos locais xa que o premio hai que gastalo nalgún dos comercios adheridos.

Os comercios participantes entregarán cupóns de rasca e gaña por compras iguais ou superiores a 10 euros ata un máximo de 5 cupóns por compra. Os cupóns terán un apartado no que a clientela deberá rascar para ver se é gañadora dun dos vales premidados con 50 euros. Os cupóns premiados terán a palabra “Premio” mentras que os non premiados terán a frase “Grazas por participar”. Os cupóns comezarán a entregarse no comercio local dende o venres 10 de decembro.

Entre todos os vales entregados inclúense 128 unidades que conteñen un premio de 50 euros cada unha.

Os vales premiados poderán ser usados dende o momento que o conseguen ata o 31 de xaneiro de 2022, realizando unha única compra nun dos locais participantes na campaña. A contía do vale non poderá ser dividida para gastar en diferentes compras.

María López destaca en este caso “a importancia de apoiar a un sector coma o comercio e a hostalaría local”. Ademais o consumo local “é o máis sostible e respetuoso ademais de ser coresponsable tamén co propio sector produtivo máis próximo”.

Post navigation

Previous: Máis de 600 sinaturas contra a planta de tratamento de residuos de Touro
Next: Ciclo de cine Carlos Velo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.