Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

Teo aproba este luns uns orzamentos de 16 millóns de euros

Teo, 16 de xullo do 2017 –  A corporación teense reúnese este luns 17 de xuño en sesión extraordinaria ás 20:00 horas para debater os orzamentos municipais do 2017 nunha sesión que tamén se retransmitirá por vídeo na web municipal.

O pleno do Concello de Teo debaterá mañá luns os orzamentos  municipais para este ano que chegan ós 15.879.061 euros. O alcalde, Rafael Sisto, responsable de economía e facenda, destaca que “a pesar de tratarse duns orzamentos de case tres millóns máis que os anteriores son tremendamente realistas por ter vinculado un plan económico financeiro”. Na liquidación do exercicio 2016 constatouse un incumprimento da estabilidade orzamentaria e da regra de gasto. Este feito esixiu que as contas municipais se realizaran observando estritamente o cumprimento destes parámetros.

A aprobación do Plan de Estabilidade Financeira tamén motivou o retraso na tramitación dos orzamentos xa que para poder facelos houbo que esperar a que estivera aprobada a liquidación do ano pasado.

As contas municipais deseñan unha estrutura cun capítulo de investimentos moi importante, máis de tres millóns de euros, no que según o alcalde “apostamos claramente pola mellora de servizos básicos como son abastecemento e saneamento ou rede viaria sen descoidar os equipamentos públicos ou a mellora na eficiencia enerxética”. Ademais deste esforzo inversor “para este goberno é irrenunciable manter e mellorar no posible as políticas que se están aplicando actualmente en ámbitos como o benestar, conciliación, sostenibilidade, fomento do emprego ou no ámbito da cultura e da participación cidadá” destaca o rexedor. Trátanse duns orzamentos “que garanten o mantemento das conquistas sociais acadadas pero que non renuncia a novos retos”.

O capítulo de persoal é outro dos que teñen un incremento significativo xa que nel se recollen o persoal subrogado daqueles servizos que xa están municipalizados e cos que se pode garantir unha xestión máis eficiente dos mesmos. O primeiro foi o servizo municipal de Augas que é de xestión directa dende outubro do 2015 e no que xa se pode facer unha valoración positiva do funcionamento. En este apartado tamén se contempla a contratación dun responsable de recursos humanos co que se agarda mellorar a xestión do cadro de persoal e poder avanzar na contratación doutros postos como o de responsable informático encargado da administración electrónica ou o de tesoureiro na futura oficina de recadación municipal.

Post navigation

Previous: Inside the lab III, a USC exhibe o traballo en investigación do Citius
Next: Brión acolle hoxe o IV Festival Folclórico

Máis novas

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

teo rois obradoiro dual 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Rois e Teo seleccionarán 20 persoas para un novo obradoiro dual de emprego

PUBLI TEO RUTA ROMAINICO SETEMBRO 2026
1 minute read
  • Xeral

III Ruta do Románico Teense

bng-parlamento-ag-59-slide-normal-3-outubro-2022_r
3 minutes read
  • Xeral

Piden melloras en Pontevea, Teo, despois da ampliación da AG-59

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.