Teo, 2 de marzo do 2022 – Teo celebrou, este martes, un pleno extraordinario cun único punto no que o orzamento anual vinculábase a unha cuestión de confianza.
A sesión tivo un xiro inesperado xa que a voceira do Psoe, Uxía Lemus, decidía no último momento apoiar o orzamento, según dixo porque “non ten moito sentido estar alargando agonías, a cidadanía de Teo non merece esto”.
Sentido común máis non confianza
A actitude de Uxía Lemus mostra un sentido común pouco habitual na política actual. O mecanismo da moción de confianza creouse para que os concellos teñan un orzamento ou haxa un cambio no goberno, Si o Psoe non está disposito a unha moción de censura non ten sentido esperar un mes como explicaba a propia Uxía Lemus
O feito de que o resto do grupo se absteña mantén a postura contraria ao orzamento, unha vía intermedia que non gusta a nadie pero que resulta práctica é útil. A aprobación do orzamento abre tamén a carreira electoral porque todos son conscientes de que o orzamento será prorrogado ata xuño do 2023.
Enfado do Partido Popular
A actitude do Psoe motivou o enfado do Partido Popular máis acostumado a forzar máquinas que a consensuar, o sucedido co novo centro de saúde foi unha mostra disto.
Nun comunicado José Manuel Guerra acusaba a Lemus de ter razóns ocultas para o cambio de voto “Sería bo que dera a coñecer as auténticas razóns que motivaron o cambio de opinión xa que ninguén cre que o fixera pola gobernabilidade de Teo cando precisamente foi ela a que provocou a ruptura do goberno”.
A nota publicada é máis dura que a intervención de Lucía Calvo no pleno. A concelleira centrouse en asegurar que Psoe e Son de Teo seguen sendo socios aínda que estén “enfadadiños” e que a “esquerda sempre se una para que non goberne o PP” sen chegar a suxerir intereses persoais.
Sen confianza
O alcalde de Teo non conseguiu a confianza da corporación. O voto afirmativo de Uxía Lemus e do BNG, e a abstención do resto do Psoe, provocou un empate no reconto de votos.
Tras dúas votacións de viva voz foi o voto de calidade do alcalde o que aprobou o orzamento polo que, na práctica, a responsabilidade é súa.
Comeza unha carreira electoral nun estado de excepción. Un Psoe conciliador cando veñen de ser expulsados do goberno; un goberno de Son de Teo cun alcalde que non parece querer continuar; un Bloque que acaba de vivir a renuncia do seu último líder e un PP que, ademais da crise nacional que afecta de xeito directo a Galicia, está cheo de rumores sobre a marcha do seu actual número un en Teo.
Teo nunca defrauda.
