Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo aproba unha modificación non substancial do PXOM

Esta modificación non substancial regulariza en Teo construcións que estaban fora de ordenación ou edificios con incumprimentos prescritos.

Casa consistorial de Teo

O Pleno do Concello de Teo aprobará de forma definitiva a Modificación Puntual non Substancial Nº3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Este cambio no Plan Xeral do concello clarifica a regulación do réxime das obras en edificacións que se atopan fóra de ordenación ou de desconformidade co planeamento.

Esta modificación recibiu todos os informes sectoriais favorables e adaptouse ás esixencias do informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Estes informes inclúen  un apartado específico que recolle que a cualificación como fóra de ordenación non é de aplicación aos inmobles incluídos nos Catálogos do Plan Xeral ou nos dos plans de desenvolvemento que establezan medidas especiais de protección.

Esta modificación Nº3 do PXOM inclúe e clarifica a regulación do réxime das obras en edificios que se atopan en situación de fóra de ordenación e de desconformidade co planeamento, conforme ao artigo 90 da Lei do solo de Galicia. Esta normativa tamén abrangue os edificios que, aínda sendo resultado de infraccións urbanísticas, xa se atopen prescritos.

O obxectivo deste cambio é establecer un marco normativo máis preciso e detallado que facilite a intervención en dita tipoloxía de edificios, garantindo a súa adecuación ás condicións legais e urbanísticas actuais sen menoscabar os dereitos dos seus propietarios. 

Ordenanza reguladora servizos de conciliación

No Pleno tamén se debateu, entre outros temas, a modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida familiar e laboral.

A modificación introduce novos prezos derivados da ampliación do servizo TeoMadruga no Colexio Rural Agrupado (CRA) de Teo, en concreto nas escolas unitarias de Raxó e Reis.

Trátase dun servizo demandado desde fai anos polos pais dos usuarios destes centros, aínda que a petición solicitada formalmente ao Concello chegou coa actual dirección da Anpa.

Ao desenvolverse o programa de conciliación unha hora menos que nos centros de educación infantil e primaria, o prezo tamén cambia situándose nos 40 euros por cada usuario que empregue o servizo con almorzo e 30 euros no caso de ser sen almorzo.

Esta modificación, proposta pola Alcaldía, permite garantir un correcto desenvolvemento do programa de conciliación municipal neste colexio rural agrupado, apostando así por diversos modelos educativos con cabida no Concello.

Aprobación POS+2026

Tamén se analizou  a participación no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal “POS+ 2026” da Deputación Provincial da Coruña.

Aprobouse dedicar a aplicación desta achega a gastos correntes. O Plan Complementario do ano 2026 dedicarase ao afirmado e acondicionamento do viario municipal entre Montouto e Penelas, cuxo estado actual é moi deficitario.

Post navigation

Previous: Reclaman explicacións sobre as eivas na humanización do Milladoiro en Ames
Next: O Entroido dos Xenerais da Ulla segue en Teo este sábado

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.