Teo, 28 de outubro do 2021 . A canteira foi este mércores, unha vez máis, o centro do debate no pleno ordinario de outubro no concello de Teo.
Por unha parte o pleno aprobou a presentación dun recurso administrativo contra a exprpiación do viario que rodea a canteira. Un dos argumentos principais do recurso foi a “desviación de poder”. Si un particular considera que un viario público é da súa propiedade debe reclamar ao concello pero en este caso a Xunta decide expropiar o viario ante esa petición. O concello pasa a ser entón o que ten que acudir ao xulgado ao ver eludidas as súas competencias como administración.
O punto abriu de novo a discusión sobre a propiedade do viario. O alcalde Rafa Sisto o resumía explicando que “no hay un título de propiedade como non o hai das estradas públicas de competencia municipal, e ninguén dudan de quen son”. Finalmente a presentación do recurso aprobouse cos votos a favor de San de Teo, Psoe e BNG e a abstención do PP.
Comisión sobre a canteira
O Psoe presentou unha moción para a creación dunha comisión informativa especial sobre a canteira. O Psoe pedía ademais que formara parte de dita comisión un representante da Plataforma. O BNG lembrou que esta comisión a pediron desde hai anos, aínda que tamén explicou que podería estar contida na xunta de voceiros, pero que en todo caso a apoiarían. O Partido Popular se mostrou disposta a apoiala porque dixo que “faltaba información”. Son de Teo pola súa banda non se opuxo aínda que o alcalde aclarou que a lei marcaba que a presenza do representante da Plataforma sería só como ouinte. Finalmente a creación da comisión aprobouse por unanimidade.
Outras mocións
O pleno aprobou tamén unha moción crítica co anteproxecto de lei de mellora da xestión da auga que se tramita no Parlamento de Galicia. Un dos principais argumentos en contra é que promove a agrupación de concellos na xestión baleirando de competencias á administración local. No caso de Teo, que xestiona de xeito directo o ciclo da auga, ninguén sabe como se resolvería dia unión con outros concellos.
O Partido Popular foi o único contrario á moción e explicou que a agrupación de concellos sería algo voluntario. Finalmente a proposta aprobouse cos votos do BNG, Son de Teo e Psoe e o voto en contra do PP.
A última moción levada a pleno, tamén polo BNG, pedía sumarse a chamada iniciativa xabarín do Parlamento de Galicia. Unha iniciativa encamiñada a conseguir a presenza do galego nas distintas plataformas de streaming de contidos. A proposta aprobouse cos votos do BNG, Son de Teo e Psoe e a abstención do PP.