Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo apoia a celebración da I Feira de Empresas do concello

Cartel da feira de empresarios de teo

Teo, 20/05/2026 – O Concello de Teo colabora coa Asociación Empresarial de Teo (AETeo) na celebración da I Feira de Empresas teenses, que terá lugar este domingo, 24 de maio, na explanada da Casa Común de Oza, en Ribas.

O obxectivo é poñer en valor o tecido empresarial do municipio e achegar á veciñanza de Teo e dos municipios da contorna a diversidade de negocios e servizos existentes no concello.

A Feira de Empresas, que se desenvolverá en horario de 11.00 a 22.00 horas, contará cun amplo programa de actividades pensado para todos os públicos. Ademais de postos de negocios asociados e convidados, como é o caso de Arteneo, tamén haberá obradoiros infantís de ourivaría e de madeira, así como inchables gratuítos e zona gastronómica.

A programación tamén inclúe diferentes actuacións ao longo de todo o día, entre elas a da Asociación Cultural Rosalía de Castro e a da Asociación Cultural A Carrabouxa. A sesión vermú e a festa da tarde-noite correrá a cargo da orquestra Eureka.

Dende a organización destacan que o principal obxectivo desta iniciativa é concienciar ao público en xeral da importancia do tecido empresarial do concello. Baixo o lema “Que a actividade económica do teu concello siga adiante, depende tamén de ti! Somos parte de ti e ti parte de nós”, esta feira nace coa intención de converterse nun punto de encontro entre empresas, asociacións e público en xeral do concello de Teo e de toda a contorna.

Post navigation

Previous: A poeta de Ames, Filomena Fraga, é centenaria
Next: Frades inviste máis de 180.000€ na mellora de accesos

Máis novas

FOLGA
  • Xeral

Lindeiros apoia a folga

ames bng cortes de luz 10 niovembro 2026
2 minutes read
  • Ames

Lanzan unha campaña para denunciar os cortes de luz en Ames

compostela informe icomos gargolas 10 novembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Veciños e asociacións valoran o informe de ICOMOS sobre as gárgolas do Hostal

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (835) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2705) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.