Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo amplía o programa de conciliación TeoMadruga

teo amplia conciliacion madruga 18 novembro 2025

A partir do 8 de xaneiro de 2026, o servizo TeoMadruga darase nas escolas de Reis e de Raxó a todos aqueles alumnos que o soliciten.


O Concello de Teo vén de acordar coa Asociación de Nais e Pais do Colexio Rural Agrupado (CRA) ampliar o servizo municipal TeoMadruga a dúas escolas unitarias, a de Reis e a de Raxó, co fin de facilitar a conciliación familiar na franxa horaria de 8.30 a 9.30 horas nestas dúas escolas rurais.

Trátase dun servizo demandado desde fai anos polos pais dos usuarios destes centros, aínda que a petición solicitada formalmente ao Concello chegou coa actual dirección da Anpa.

Na xuntanza mantida nas dependencias municipais, a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz celebrou que se chegara a un acordo, posto que se trata dun servizo moi necesario para as familias, e reiteroulle aos representantes da Anpa a posibilidade de ampliar o dito servizo ás outras escolas unitarias, sempre que se consiga un mínimo de alumnos interesados.

A partir do 8 de xaneiro, despois das vacacións de Nadal, o alumnado que así o solicite poderá desfrutar do servizo de madrugadores, tendo dúas opcións dispoñibles: unha con almorzo (que será prestado por unha empresa externa especializada pero baixo a xestión do Concello) e outra sen el.

En calquera caso, haberá descontos para os irmáns (un 25% no segundo neno) e as bonificacións son as recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021).

Este programa de conciliación xa se está impartindo nos Centros de Educación Infantil e Primaria de Teo, tendo prioridade para a utilización do mesmo as familias empadroadas no municipio.

Post navigation

Previous: Frades seleccionado como exemplo provincial de boas prácticas en materia de servizos sociais
Next: Oroso aumenta o seu orzamento para o 2026 nun 7%

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.