Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo quere máis visión e menos ruído

teo-pantallas-acusticas-slide-6-febreiro-2025_r

Bisbarra, 6 de febreiro do 2025 – A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, vén de manter unha xuntanza con técnicos de Adif para revisar o proxecto de instalación de pantallas acústicas en Francos e Osebe.

A veciñanza de estes lugares queixáronse ao concello polo tamaño e á disposición dos elementos de protección contra a contaminación acústica no tramo de alta velocidade que discorre por Teo.

Nesta xuntanza, a rexedora de Teo conseguiu o compromiso dos responsables de obra de revisar a dita afectación ás vivendas e estudar a posibilidade de cambiar os materias das pantallas. Concretamente, á altura das vivendas situadas no lugar de Francos nos números 115 y 117, así como no lugar de Osebe 145.

A propia alcaldesa trasladouse á zona para coñecer estas queixas e peticións e ese mesmo mes, no Pleno de xaneiro, o Goberno aprobaba unha moción de urxencia do Partido Popular para instar ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a revisar os cálculos de illamento e propagación acústica para intentar buscar outra solución que, cumprindo os condicionamentos legais en materia de ruído e contaminación acústica, supoña unha menor afección aos veciños do Concello.

Nesa moción tamén se pedía que, de persistir nas actuais condicións, que esas pantallas sexan translúcidas, para así permitir que a luz solar poida pasar igualmente e sexa menor o impacto visual negativo de cara ás vivendas afectadas.

Pantallas opacas

As pantallas previstas neste proxecto son opacas e dunha altura de máis de 3 metros no caso do lugar de Francos e de 5 metros de altura no lugar de Osebe, altura que sobrepasa en máis de dous metros a actual existente.

A súa colocación coas características previstas no proxecto suporían para as citadas vivendas unha importante perda da calidade na súa iluminación e, mesmo, na súa amplitude visual e, polo tanto, do benestar xeral.

Post navigation

Previous: XLII Festa da Filloa de Lestedo
Next: Depurar Ames

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.