Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Teo celebra o 180 aniversario da Batalla de Cacheiras

cartel do aniversario da Batalla de Cacheiras

Teo, 20/04/2026 – O Concello de Teo celebra o 180 aniversario da Batalla de Cacheiras cun desfile popular desde Cacheiras e unha recreación histórica deste evento no cumio de Montouto, o vindeiro sábado, 25 de abril, a partir das 11.30 horas.

A actividade comezará cun desfile popular desde o monólito a Ánxel Casal, situado un pouco máis abaixo da praza da Estivada da Ribeira, na parroquia de Cacheiras, ata o Alto de Montouto.

Os asistentes acompañarán ás tropas liberais nun percorrido simbólico cara ao campo de batalla, convertendo o espazo público do Alto de Montouto nun escenario vivo. Alí levarase a cabo unha recreación histórica que revive os acontecementos de 1846, combinando palabra, música e movemento nunha experiencia colectiva e emocionante.

A dirección escénica e a narración correrán a cargo do actor e historiador Suso Martínez e contará coa participación da Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro de Carral, a Aula de Teatro do IES Cacheiras, a Asociación Cultural Entroido de Cacheiras, a Banda de Música da Sociedade Recreativa de Calo, así como doutras asociacións e persoas que se sumarán a esta celebración.

A historia

O 23 de abril de 1846 é un día marcado na historia e Teo e de Galicia, porque supuxo a derrota, á altura de Montouto, do exército liberal que se levantou contra o goberno centralista de Narváez e Isabel II. A raíz desa batalla, o xeneral Miguel Solís Cuetos e 11 dos seus oficiais foron fusilados o 26 de abril, converténdose nos Mártires de Carral.

Carreira popular

Tamén con motivo deste enfrontamento, o Concello organiza todos os anos a famosa carreira pedestre “A Batalla de Cacheiras”, que discorre polo Concello de Teo e que congrega -ano tras ano- a centos de participantes. Será o vindeiro domingo, 10 de maio, e o prazo de inscrición está aberto ata o vindeiro 6 de maio na páxina https://emesports.es/.

Unha cita máis que destacada no calendario deportivo e que permite a grandes e pequenos a desfrutar dunha xornada de deporte, ocio e moita historia.

Post navigation

Previous: “Captain Fantastic” e “Abel” no Cineduca do Ateneo
Next: Boqueixón mellora o saneamento en oito núcleos de poboación

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.