займ срочно

Tensión e insultos no pleno de Santa Comba (audio)

0

Santa Comba, 28 abril 2021 – Os plenos de Santa Comba son cada vez máis tensos a medida que se acerca o momento do teórico relevo na alcaldía,

O voceiro socialista, José Antonio Ucha, recibiu dúas chamadas á orde do alcalde, David Barbeira. Ucha lembroulle ao rexedor que en dous meses tería que deixar a alcaldía sen recibir resposta.

Plan financieiro

O pleno extraordinario debateu este martes o plan económico financieiro obrigatorio ao terse incumprido a regra de gasto no ano 2019. As críticas á xestión do alcalde foron continúas tanto por parte do Partido Popular como polo teórico socio de goberno, o Psoe.

A voceira popular María Pose acusou ao alcalde de mofarse da oposición e pediulle, a el e ao Psoe, que polo menos se puxeran de acordo

Non foi menos duro o voceiro socialista, José Antonio Ucha, que recibiu a segunda chamada á orde por chamarlle ao alcalde “falabarato”

Ucha tampouco perdeu a oportunidade de lembrarlle ao alcalde que en dous meses terá que deixar a alcaldía

Finalmente o Plan económico foi aprobado cos votos de Psoe e CxG e a abstención do PP.

Prezos terrazas

Outro dos puntos era unha proposta de alcaldía para manter o prezo das terrazas a un euro para todo o 2021. O Partido Popular explicou que o documento presentado era máis complexo do que se quería dar a entender e todo comezou a complicarse de novo.

A modificación de ordenanza aprobada no seu día dicía que se cobraría un euro pola colocación de terrazas “ata o remate do estado de alarma” polo que en realidade corríase o risco de que a modificación durara tan só un mes.

Para embarullar aínda máis as cousas a redacción do documento presentado non falaba de modificación de ordenanza polo que tampouco podía considerarse como tal.

O voceiro socialista o explicou sacando a relucir outros casos do concello, ximnasio ou pádel,  onde se dixo que non se cobraría e na actualidade estase reclamando o pago aos veciños

O asunto quedou finalmente enriba da mesa

Comisión de estudo da municipalización da auga

O pleno rematou coa intención de crear unha comisión que estudara a conveniencia de municipalizar a xestión da auga. De novo Psoe e PP criticaron que se levara este tema a pleno e remataron votando ambos os dous en contra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies