Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames

Tecalis impartirá este sábado un taller gratuíto sobre tecnoloxía blockchain & Bitcoin en Ames

ames-taller-blockchain-slide-23-novembro-2018_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 23 de novembro do 2018 –  A empresa amesá Tecalis Innovación impartirá este sábado, 24 de novembro, un taller gratuíto sobre tecnoloxía blockchain & Bitcoin.
  • Tecalis, empresa participante na Mobile Week Coruña
  • Tecalis, empresa amesá de tecnoloxía

Ames, 23 de novembro do 2018 –  A empresa amesá Tecalis Innovación impartirá este sábado, 24 de novembro, un taller gratuíto sobre tecnoloxía blockchain & Bitcoin.

Trátase dun dos actos da axenda oficial da Mobile Week, que coordinan os organizadores de Mobile World Congress. Por primeira vez a Mobile Week celebrase fóra de Barcelona, e será na cidade da Coruña, do 21 ao 28 de novembro. Este taller práctico terá como obxectivo explicar aos cidadáns interesados en Blockchain o que é esta tecnoloxía, os seus fundamentos e nocións básicas así como comprar e xestionar criptomonedas como o Bitcoin desde os seus dispositivos móbiles de forma sinxela. Dito obradoiro ten un aforo de 30 persoas, pero si se rexistra máis xente, poderase repetir ao longo da mesma xornada.

O taller será impartido por Alberto Campos, Director de Operacións da empresa e experto en tecnoloxía blockchain. Ademais, todos os participantes poderán coñecer posteriormente as instalacións da empresa, recoñecidas pola súa Workplace Innovation e Espazo Well debido ao seu lugar de traballo acolledor e que fomenta a creatividade empresarial. É imprescindible acudir co teléfono móbil, para axudar aos asistentes para instalar a carteira virtual (wallet) nos seus dispositivos, e poder realizar transaccións reais. Todos aqueles que estean interesados en asistir poden apuntarse no apartado de eventos da web https://www.mobileweekcoruna.com/es/evento/853/taller-blockchain-bitcoin-para-novatos/

A concelleira de Promoción Económica, Isabel González, destaca que “para o Concello de Ames é un orgullo que unha empresa de recoñecido prestixio a nivel internacional teña a súa sede no parque empresarial do Milladoiro, e que acolla un dos actos da axenda oficial da Mobile Week, a través do cal se pretenden achegar as novas tecnoloxía á veciñanza amesá”.

Tecalis, empresa participante na Mobile Week Coruña

A Mobile Week Coruña (MWeekCoruña) é unha iniciativa impulsada por Mobile World Capital Barcelona e desenvolta polo Club Financeiro Atlántico, onde se pretende crear un espazo aberto á reflexión sobre o impacto da transformación dixital na vida das persoas, a través de arte, ciencia e tecnoloxía.

 MWeek Coruña reúne a artistas, científicos, filósofos, enxeñeiros e profesionais da industria nunha iniciativa aberta para todos os cidadáns e difundida pola cidade. O futuro cotián é a temática do evento que se desenvolverá do 21 ao 28 de novembro de 2018 na Coruña co obxectivo de fomentar o debate e a participación da cidadanía en relación ao futuro cotián da sociedade actual.

Durante unha semana, A Coruña e a súa área metropolitana serán o punto de encontro no que se analizará e debaterá, desde diferentes perspectivas, o cambio tecnolóxico social actual. Mobile Week Coruña expón unha programación transversal con actividades gratuítas que abordarán os retos, os límites e as oportunidades da transformación dixital, en espazos da cidade da Coruña e de concellos limítrofes ao longo dunha semana.

Tecalis, empresa amesá de tecnoloxía

Esta empresa foi creada en 2010. Nun primeiro momento a súa sede estivo na avenida da Maía, en Bertamiráns. Tamén contan cunha delegación en Madrid, e delegacións comerciais en México DF. O proceso de expansión da compañía prevé novas delegacións e colaboracións nun breve espazo de tempo, entre elas o mercado latinoamericano e o norteamericano.
Tecalis é unha empresa amesá de tecnoloxía, dedicada ao desenvolvemento áxil a medida de solucións cloud e deseño UX, e á consultoría estratéxica dixital e proxectos tecnolóxicos especializados na transformación dixital. Entre os proxectos de Tecalis atópanse desenvolvementos de alta tecnoloxía a medida, ciberseguridad, Big Data, Blockchain, APPs, solucións totalmente adaptadas ás necesidades concretas de empresas, administracións públicas, organizacións e asociacións, en todo o territorio nacional e tamén a nivel internacional. Tecalis inviste en I+D+i e dispón de tecnoloxías patentadas a nivel europeo. Ademais dispón de acordos de colaboración coa Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC). Tamén é un dos patróns fundadores da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CITIC) e as Comunicacións de Galicia (FCITICG).

A compañía atópase inmersa nun período de crecemento e expansión mediante estratexias de innovación, RSE (Responsabilidade Social Empresarial) e Igualdade, co obxectivo de converterse nun referente no sector. Un dos primeiros pasos como empresa que promove a Igualdade nun sector tecnolóxico marcadamente masculino, foi a recente incorporación de Tecalis ao Clúster Tic Galicia da man dunha muller, un feito histórico no sector, así como a promoción da contratación de mulleres no seu persoal. As instalacións de Tecalis están personalizadas por deseñadores a gusto dos empregados, para que o ambiente laboral resulte agradable e adaptado ao persoal.

Post navigation

Previous: A Banda de Ordes honra a Santa Icia esta fin de semana
Next: A iniciativa falaredes presenta en Compostela Asubios

Máis novas

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

ames pleno 28 setembro 2026
8 minutes read
  • Xeral

Ames aproba os pregos de licitación do futuro centro deportivo do Milladoiro

bisbarra vertido tordoia 17 setembro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mantense a preocupación polo vertido de Tordoia

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

As Maianas nunha actuacion
3 minutes read
  • Axenda

As Maianas recibirán a medalla do Concello de Ames

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.