Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Brión

Teatro do Noroeste estrea en Brión “Polo de Franco”

Un monólogo protagonizado por Luma Gómez que foi premio de honra dos María Casares

Cartel de Polo de Franco

Brión, 07/05/2026 – Teatro do Noroeste está a preparar unha nova produción unipersoal, “Polo de Franco”, unha comedia protagonizada por Luma Gómez que vén de recibir na gala de entrega dos XXX Premios Maria Casares o Premio de Honra Marisa Soto 2026 á súa traxectoria.

Luma Gómez é a gran dama do teatro galego que a pesar de levar 40  anos na profesion continua en activo que agora interpreta a personaxe deste espectáculo unipersoal.

O espectáculo, escrito e dirixido por Eduardo Alonso, é unha comedia que xira arredor da figura histórica Carmen Polo, esposa Franco. 

Eduardo Alonso autor prolífico do teatro contemporáneo galego ten un especial interese no traballo de textos ambientados na guerra civil, posguerra e franquismo. Esta é a súa sexta obra sobre esta temática. Desenvolveu o proceso creativo a partir dun traballo de investigación e documentación histórica que foi trasladado a unha linguaxe teatral nun formato accesible para o público contemporáneo.

“Polo de Franco” é unha revisión accesible, crítica e con enfoque de xénero da historia recente promovendo a memoria democrática, con especial atención no público adolescente e a mocidade. Este espectáculo é froito dunha investigación histórica.

O proxecto pon o foco nunha personaxe feminina que na historia do noso país foi tradicionalmente situada nun segundo plano nos relatos oficiais. A través dunha proposta escénica que combina humor, ironía, rigor histórico e proximidade, constrúe un diálogo interxeracional co presente que cuestiona a representación do poder na historia.

O espectáculo, producido por Teatro do Noroeste, conta coa colaboración do Concello de Brión, onde se levará a cabo a estrea e a residencia técnica da montaxe. A estrea de “Polo de Franco” terá lugar no Centro Social Polivalente de Brión o sábado 16 de maio de 2026 ás 20:30h para público xeral, despois da entrega dos Premios Laudamuco. Tamén contará cunha segunda función o luns 18 de maio, que será unha representación para público xuvenil na que participará o alumnado do IES de Brión.

Sobre Luma Gómez

A actriz Luma Gómez vén de recibir o Premio de Honra Marisa Soto 2026, distinción que lle recoñece a xunta directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) á súa traxectoria profesional como unha das figuras imprescindibles no teatro galego.

Luma é a gran dama do teatro galego que non deixa, aínda a día de hoxe, de batallar para mellorar a situación deste noso sector dende todos os ámbitos, tanto asociativos, persoais ou empresariais, como tampouco deixa de protagonizar espectáculos. 

Actriz cunha longa e prolífica carreira profesional. Comezou a súa actividade teatral no ano 1969, profesionalizandose en 1971.Traballou en diversas compañías teatrais e foi cofundadora de varias, entre elas Teatro do Noroeste na que segue a traballar na maioría das producións. Foi socia fundadora da AAAG. Tamén, ten traballado en múltiples montaxes do Centro Dramático Galego en papeis protagonistas.

Na súa carreira destacan papei cinematográficos como coprotagonista no papel de Marica da Fame na película El Bosque Animado de José Luis Cuerda ou protagonista no papel de Urxa na mítica Urxa de Carlos Piñeiro e Alfredo García Pinal.  En televisión realizou series como: Servizo de Urxencias (1989) na TVG ou Celia (1991) de José Luis Cuerda e José Luis Borau para TVE.

Como actriz de teatro interveu en máis de corenta espectáculos teatrais, entre outros: O enfermo imaxinario, Medea, As alegres casadas, Os xustos, Un soño de verán, Ligazón, As galas do difunto, Alta comedia, As damas de Ferrol, Ensaio, Imperial: Café cantante. Vigo 1936, Romeo e Xulieta, Extrarradios (Comedia das mulleres desamparadas), Glass City (Cidade de Cristal), Historias peregrinas, Linda and Freddy, ilusionistas, A mamma, Palabras malditas, Virxes Salvaxes, Gloria Nacional, Último Verán en Santa Cristina, Guerra e agora tamén protagonizará “Polo de Franco”.

Post navigation

Previous: Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes
Next: Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.