Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Brión

Teatro do Noroeste estrea “Polo de Franco”

Imaxe de "Polo de Franco" a nova obra de Teatro do Noroeste

Brión, 13/05/2026 – Teatro do Noroeste chega a Brión esta fin de semana coa estrea absoluta do seu espectáculo unipersoal, “Polo de Franco”. O sábado 16 de maio ás 20:30h, a compañía galega achegará ao Centro Social Polivalente a súa nova creación.

“Polo de Franco” está protagonizada por Luma Gómez, recentemente gañadora do Premio Marisa Soto 2026 nos XXX Premios María Casares.

A obra, que xira arredor da figura histórica de Carmen Polo, está escrita e dirixida por Eduardo Alonso, quen fixo unha fonda investigación histórica sobre a ditadura en España e sobre a figura de Carmen Polo de Franco, esposa do ditador.

En palabras da actriz protagonista, Luma Gómez, “con frecuencia toca facer personaxes que, como persoa, non son do teu agrado, pero neste caso iso tamén o fixo máis interesante de interpretar. A min gústame moito facer comedia, ben, gústame facer de todo, pero a comedia gústame moito, así que gocei moito nos ensaios construíndo a personaxe e creo que o público tamén vai gozar e rir con esta Carmen Polo de Franco.”

O espectáculo é unha produción exclusiva de Teatro do Noroeste en colaboración co Concello de Brión. A maiores da estrea, o Centro Social Polivalente de Brión acolle esta semana a residencia técnica da compañía. A estrea será despois da entrega dos VIII Premios para textos teatrais Laudamuco, que tamén terá lugar o sábado en Brión na Sala de Exposicións ás 18h.

“Polo de Franco” é unha comedia que aborda a memoria democrática a través do humor. Dende unha perspectiva crítica pon o foco nunha figura feminina do franquismo, historicamente considerada secundaria no relato oficial.

Esta obra é unha revisión accesible, crítica e con enfoque de xénero da historia recente, con especial atención ao público adolescente e á mocidade. Mediante un formato que incorpora vídeos proxectados por videomapping en dúas pantallas verticais, propón un visionado máis actual de imaxes extraídas do NODO, nunha linguaxe audiovisual moi familiar para o público mozo.

Con este motivo, a maiores da estrea para público xeral,  o luns 18 de maio pola mañá haberá unha actividade dirixida ao alumnado e profesorado do IES de Brión, que asistirán a unha función de Polo de Franco.

A obra segue o modelo dos monólogos clásicos, inspirándose principalmente nos de Jean Cocteau e Darío Fo, nos que a protagonista sempre é unha muller que ten unha conversación con alguén que non aparece en escena.

Sobre o proceso creativo, o seu autor, Eduardo Alonso di “ás veces as personaxes son persistentes ao noso pesar. Escribín esta personaxe de Carme Polo de Franco para un texto de teatro musical chamado Glass City, que versaba sobre as estancias na Coruña do ditador Francisco Franco, aló polos anos cincuenta, que adoitaba veranear na cidade herculina traendo, tras de sí, a medio Madrid ministerial e empresarial do momento. Xa desde ese intre, a personaxe colleu vida propia e, dentro do espectáculo, era un aparte moi significativo. A partires de aí coidei que debería facer un texto dedicado soamente a esta personaxe, merecíao, pero resistinme a facelo por non repetir. Ao remate venceu ela e conseguiu coller vida e corpo, aínda que tardou dezasete anos.”

Esta proposta escénica peculiar que combina memoria histórica e diálogo interxeracional, elementos clásicos e contemporáneos, facilita a conexión co público. Integra vídeos históricos cun formato contemporáneo e innovador, e o humor como ferramenta de reflexión crítica.

Eva Alonso, produtora da montaxe relata a motivación da compañía para levar adiante a posta en escena deste proxecto “No momento actual que vivimos, ca tensión sociopolítica e a falsa nostalxia de algúns con respecto á ditadura, fixo que Teatro do Noroeste sentira o impulso de levar a cabo este espectáculo. Con mirada crítica, perspectiva de xénero e humor, facemos esta revisión sobre a personaxe histórica Carme Polo. É un espectáculo para público adulto e mocidade, todas precisamos esta revisión, ademais, sendo unha comedia e apoiada por imaxes reais do NODO, non vai deixar indiferente.”

Máis “Polo de Franco”

O espectáculo comeza a súa xira agora en maio coa estrea, mais seguirá a súa itinerancia por Galicia, tendo xa axendadas as primeiras datas:

• 16 de maio en Brión, para público xeral

• 18 de maio en Brión, para o alumnado do IES de Brión

• 18 de agosto en XII “Á EsCEEna!” en Cee

• 29 de agosto na Caniza

• 27 de setembro en Catoira

• 2 e 3 de outubro na Sala Gurugú (A Coruña)

Estrea e entradas:

Estrea Absoluta de Polo de Franco

Sábado 16 de maio de 2026 ás 20:30h

No Centro Social Polivalente de Brión

Reserva de entradas dispoñibles en https://bandoticket.com/organizers/concello-de-brion

gratuítas ate completar capacidade

Sobre o espectáculo

Polo de Franco é un espectáculo unipersoal de Teatro do Noroeste escrito e dirixido por Eduardo Alonso. Esta produción conta coa colaboración do Concello de Brión. É unha comedia, protagonizada por Luma Gómez, que xira arredor da figura histórica de Carmen Polo, a esposa do ditador..

Carme Polo de Franco confesa co seu confesor de cabeceira, o capelán da capela do Pazo do Pardo. Debe contar acontecementos inconfesables da súa familia, pero o seu profundo credo cristiá obrígalla a facelo.

O matrimonio da súa irmá pequena Zita con Ramón Serrano Suñer, o que será ministro falanxista de Franco, no é o que debería ser, e claro, ela ten que poñer man no asunto. Carme Polo, neses anos, quere controlar e o controla todo, desde os ascensos e os descensos que decreta o seu ilustre home, até as alcobas dos ministros do réxime da ditadura franquista.

 A Carme Polo de Franco, esposa de “A súa Excelencia o Xeneralísimo”, non lle gusta navegar no “Azor” e sinte especial predilección por Alfonsiño (o Excelentísimo Alcalde da cidade, Don Alfonso Molina). A súa vida transcorre entre as xoierías e os anticuarios da cidade -para espanto dos propietarios-, os seus netos e os compromisos ineludibles que o altísimo cargo do seu marido lle impoñen.

É feliz no Pazo de Meirás, e se por ela fose, permanecerían  na Coruña máis tempo do que a prudencia obriga. Se xa se celebraban consellos de ministros alí, por que non se poderían celebrar máis. Ademais, Paco, o seu marido, non debería traballar tanto. Dona Carme porfiaba nisto, como todas as mulleres cos seus homes, tanto traballar, tanto traballar e calquera día, toda España, ía ter un desgusto. Hai que ter en conta que a estas alturas do século, 1958, Paco, o seu marido, ou sexa,  o “Xeneralísimo”, xa era avó e cumprira os 66 anos.

Xa na terceira parte da súa vida, cunha filla e oito netos, Carme Polo de Franco, soamente ten unha dedicación, organizar as primeiras comuñóns dos seus netos. Poucas cousas amolan a súa existencia. Pero hai dúas espiñas que se lle cravan no peito. Por unha banda as crecentes preocupacións do seu home polos acontecementos sociais, comezan as revoltas serias na universidade española, despois dos levantamentos do maio francés de 1968 e as críticas exteriores que aínda colean, da condena a morte e execución absolutamente ilegal de Julián Grimau, activista comunista preso e axusticiado polo réxime franquista, nos seus últimos anos. Se no fora por estas escuras nubes, podería dicirse que Carme Polo era, ao remate, absolutamente feliz.

Teatro do Noroeste

Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro galega fundada en 1987. Na súa dilatada traxectoria de máis de 35 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos.

Entre estas pezas se poden salientar desde textos clásicos, como Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais; até textos máis contemporáneos, como Os Xustos, de Albert Camús; ou de autores galegos, como Historias Peregrinas e A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro, ou o musical Imperial: Café cantante. Vigo 1936, de Eduardo Alonso, entre moitos outros.  Na súa última etapa, súmanse obras como Último verán en Santa Cristina, As damas de Ferrol ou Guerra, actualmente en xira por toda Galicia.

Post navigation

Previous: Chega o Banquete do ano, o de Conxo
Next: A Vía Verde pensa xa en chegar a Coruña

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.