Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Hemeroteca axenda

Teatro e circo na xornada de Galicia Escena Pro

galicia escena pro circo slide 14 junio 2017 (2)_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 14 de xuño do 2017 – Galicia Escena Pro chega á súa terceira xornada de actividade, que inclúe cinco espectáculos de teatro e novo circo, ademais de reunións e presentacións profesionais.
    • Intercambio con Castela e León
    • Entrada de balde

Compostela, 14 de xuño do 2017 – Galicia Escena Pro chega á súa terceira xornada de actividade, que inclúe cinco espectáculos de teatro e novo circo, ademais de reunións e presentacións profesionais.

A carteleira de exhibición deste penúltimo día do encontro dará comezo ás 11,00 horas na Fundación SGAE con O faiado, unha proposta multidisciplinar da nova compañía Teatro ó Cubo, que mestura teatro, monicreques, sombras chinesas, acrobacia, danza e música en directo. Pablo Sánchez “Pablísimo” dirixe este espectáculo para público familiar, que interpretan Alfredo P. Muíño “Fredi”, Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño.

Tamén na sede da Fundación SGAE poderá verse, ás 12,15 horas, a produción Pum, pum!, de Baobab Teatro. Pensada para nenos e nenas a partir dos cinco anos, os monicreques e as cancións en directo serven para contar a historia da pequena Marieta, que poñen en escena Davide González e Andrea Bayer. Este mesmo espazo acollerá, a continuación, un novo encontro informal entre os axentes culturais acreditados nesta quinta edición do evento.

Intercambio con Castela e León

A programación da tarde dará comezo ás 16,30 h. na biblioteca do Salón Teatro coa presentación da XX Feria de Teatro de Castilla y León, evento co que Galicia Escena Pro estableceu este ano un acordo para o intercambio de compañías de ambas as comunidades.

En virtude desta colaboración, ás 17,30 horas presentarase no Auditorio Abanca a compañía castelá Cirk About It co seu espectáculo de circo El apartamento, do mesmo xeito que onte puido verse Penal de Ocaña, de Nao D’Amores. Baseada en equilibrios, acrobacias e humor, a proposta de Cirk About It parte dunha situación cotiá, como pode ser a convivencia nun apartamento, para explicar como a rutina se pode romper con facilidade.

Galicia Escena Pro proseguirá ás 19,30 horas no Teatro Principal con outra montaxe de novo circo, neste caso da compañía galega Pistacatro. Outono é o título desta produción dirixida por Antón Coucheiro, que homenaxea os pallasos clásicos a través da historia dunha compañía de clowns en plena crise.

Finalmente, Ilmaquinario Teatro subirá ao escenario do Salón Teatro ás 22,30 h. con Resaca, espectáculo dirixido por Tito Asorey e interpretado por Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez e Vadim Yukhnevich. Resaca é unha proposta multidisciplinar que xunta teatro, poesía, narración oral e música en directo para afondar na memoria familiar e afectiva dos integrantes da compañía.

Entrada de balde

Ademais dos máis de 160 profesionais acreditados, o público xeral tamén ten a posibilidade de asistir de xeito gratuíto aos espectáculos programados en Galicia Escena PRO, en función da capacidade dispoñible en cada sala. As entradas poderán retirarse no despacho de billetes do espazo correspondente desde unha hora antes do inicio da representación.

Post navigation

Previous: A Musicoterapia protagonista hoxe e mañá no Auditorio de Galicia
Next: O Restaurante Mirás gaña o VIII Concurso de Tapas de Oroso

Máis novas

I Venres de Desconto_Evento Aemi_Fb
1 minute read
  • Hemeroteca axenda

A asociación de comerciante do Milladoiro, AEMI, organiza o Venres do desconto

o pino media maraton slide 16 junio 2017_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

O Pino e Arzúa organizan a media maratón O Gran Camiño

salon teatro salvador de borja fernandez slide 7 junio 2017_r
3 minutes read
  • Entrevistas

Borja Fernández investiga en Teo sobre teatro, emigración e memoria familiar

galicia escena pro slide 15 junio 2017 (2)_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Galicia Escena Pro pecha as portas da quinta edición

agamus xornadas portas abertas slide 14 junio 2017_r
2 minutes read
  • Hemeroteca axenda

A Musicoterapia protagonista hoxe e mañá no Auditorio de Galicia

a aventura de ler slide 14 junio do 2017_r
4 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Xandobela organiza A aventura de ler, unha xornada formativa de ámbito europeo

dia mundial contra la explotacion infantil rua bicicleta slide 12 junio 2017 (2)_r
2 minutes read
  • Hemeroteca axenda

Ruta ciclista para lembrar o Día Mundial contra o Traballo Infantil

boqueixon sons do ilicino slide 10 junio 2017_r
1 minute read
  • Hemeroteca axenda

Lestedo acolle a quinta edición dos Sons do Ilicino

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.