Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón

“Tardes pola igualdade” en Boqueixón

O Forte acollerá en marzo as “Tardes pola igualdade” organizadas polo Concello de Boqueixón e o centro de información á muller.
boqueixon-tardes-para-a-igualdade-slide-2-marzo-2022

Table of Contents

Toggle
  • Boqueixón, 2 de marzo do 2022 –  O Forte acollerá todos os venres do mes de marzo as “Tardes pola igualdade”, unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón e o centro de información á muller.
    • Inscricións nas “Tardes pola igualdade”

Boqueixón, 2 de marzo do 2022 –  O Forte acollerá todos os venres do mes de marzo as “Tardes pola igualdade”, unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón e o centro de información á muller.

As “Tardes pola igualdade” terán lugar no ximnasio municipal. A actividade forma parte das accións relacionadas coa promoción da igualdade do 8M. Unhas actividades gratuítas que se realizan con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero e do Ministerio da Igualdade.

As “Tardes pola igualdade” consisten en realizar actuacións de contacontos dinámicos e de teatro dirixidas a nenos e nenas de educación infantil e primaria. Unha iniciativa que terá lugar a partir das 15:30 horas.

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín explicou que “O que se pretende é que a rapazada desfrute e se sensibilice en igualdade, tolerancia e respecto aos demais dun xeito lúdico. Fomentar unha sociedade progresista cunha igualdade real entre mulleres e homes”.

Inscricións nas “Tardes pola igualdade”

Aquelas persoas que estean interesadas en participar deberán inscribir ás súas crianzas no mail cim@boqueixon.com ou ben chamar ao teléfono 981 513 115, Departamento de Cultura. A programación de “Tardes pola igualdade” é a seguinte:

Venres 4 de marzo: Espectáculo Príncipas e Princesos, De 15:30 a 16:15 horas. Contaconto atípico cun pouco de teatro a cargo de Pablísimo.

Venres 11 de marzo. A pequena gran inventora, de 15:30 a 16:15 horas. Contacontos participativo coa rapazada a cargo de Trémola teatro.

Venres 18 de marzo. Estrafalaria. De 15:30 a 16:25 horas. Contacontos participativo coa rapazada a cargo de Atenea García, de Xarope Tulú

Venres 25 de marzo. Valente e rebelde, a cargo de Trémola teatro. De 15:30 a 16:25 horas. Unha actuación teatral.

Post navigation

Previous: Santiago Apóstolo e o Caribe
Next: Restaurada a ponte romana de Augapesada en Ames

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela-concerto-real-filharmonia-normal-16-xullo-2019-(2)_r
3 minutes read
  • Xeral

“CANTAMOS!” coa Real Filharmonía

noia harp fest 2026 (2)
5 minutes read
  • Xeral

Comeza o Noia Harp Fest

outono codax 2026
4 minutes read
  • Xeral

Mirando cara o Outono Códax Fest

melide mercado medieval slide
3 minutes read
  • Axenda

Mercado Medieval de Melide

silleda presentacion festa da empanada bandeira 25 xullo 2026
2 minutes read
  • Axenda

A Festa da Empanada cumpre 50 anos

Participantes no campo de traballo monte sacro
2 minutes read
  • Xeral

Campo de voluntariado Monte Sacro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.