Vedra, xullo do 2021 – Este luns comezou Tapas no Camiño, unha iniciativa do concello de Vedra coa colaboración da Xunta de Galicia a través do Xacobeo.
Coa marca Tabernas da Ulla, Vedra invítanos a coñecer as tapas de culler, no Camiño de inverno do 5 ao 9 de xullo; as tapas de pan e viño, na ruta Miñoto Ribeiro do 12 ao 16 de xullo; e as tapas de repostería, coas amendoas e tortas da Vía da Prata, do 19 ao 23 de xullo.
Serán oito locais que irán cambiando as tapas para dar a coñecer a gastronomía de cada unha das rutas. Chourizos o viño, lentellas, empanadas, callos, fabada, tostas, postres sorpresa… unha variada oferta para coller forzas despois de visitar algúns dos lugares máis coñecidos do concello como San Xoán da Cova, a Ponte de Gundián ou o Pazo de Ortigueira.
Tapas no camiño abrirá nos distintos locais de sete a dez da tarde, de luns a venres. Na última das propostas, a Vía da Prata coa súa repostería, a ese horario engádese un matutino de 9 a 11. Os clientes que consuman en estes horarios entrarán ademais nun sorteo de produtos locais.
Tapas no Camiño é unha proposta organizada desde o concello de Vedra que conta coa colaboración de Tabernas do Ulla, Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.