Compostela, 27 de xuño do 2019 – O TAC pecha as Xornadas de Música Contemporánea coa estrea de dúas obras de Javier López de Guereña.
‘Oda al percebe (rocking but not rolling)’ e ‘El Universo se expande (la patria se encoge)’ son as estreas dentro dun programa que o TAC completa con outras obras do propio López de Guereña, de Arias Bal e de David Cuevas.
O concerto terá lugar ás 20.30 h no Teatro Principal, con entrada de balde ata completar a capacidade do espazo. Tras nove días de coloquios, clases maxistrais e concertos ao longo deste mes de xuño, chega á décima e última proposta das Xornadas de Música Contemporánea 2019 que se dedicaron á Diáspora.
Taller Atlántico Contemporáneo
O TAC presentouse en marzo de 2010 na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela coa obra de Mauricio Kagel Eine Brise, para 111 ciclistas. Quixo reivindicar dende un principio a cercanía que a música contemporánea pode ter para o público actual así como a posibilidade de facer concertos con novos formatos. No mesmo ano colocou un piano de cola no faro de Fisterra para interpetar íntegramente a obra de Erik Satie Vexations. 18 horas de piano ininterrumpidas. No CGAC presentou un ciclo de seis conciertos adicados á música de compositoras e compositores galegos. Co grupo de rock Siniestro Total estrearon a Suite Suicida Land of Opportunity do compositor Javier López de Guereña. En 2011 e 2012 organizaron na Cidade da Cultura de Compostela sendos ciclos de ‘Os Seráns do TAC’ que incluían música contemporánea, humor e gastronomía e que contou con artistas como Carlos Blanco, Quico Cadaval, Julián Hernández, Diego Masson, Paul Daniel, e os restaurantes Pepe Solla, Eirado da Leña, Abastos 2.0, Culler de Pau e Yayo Daporta. Outras das súas participacións máis destacadas son as do Auditorio Nacional de Madrid, as Xornadas de Música Contemporánea en Santiago de Compostela, a 53a Semana de Música Relixiosa de Cuenca e o Festival Internacional de Música y Danza de Granada. No 2019 presentarase no Festival Internacional de Santander e na Quincena Musical Donostiarra. En 2013 recibe dous importantes galardóns: o Premio Galego da Crítica e o Primeiro Premio “Martín Códax” (Premios Galegos da Música), na categoría de Música Clásica e Contemporánea. O TAC é un grupo estable, de formación aberta e ten como director artístico a Diego García Rodríguez.
Diego García Rodríguez, director de orquestra
Diego é o director artístico e musical do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC). Os seus compromisos como director invitado comprenden orquestras, teatros de ópera e festivais nacionais e europeos. No eido operístico destacan o seu debut no Teatro Real de Madrid con Hansel e Gretel de E. Humperdinck, Rigoletto e Macbeth de G. Verdi da Asociación de amigos da ópera de Vigo, Carmen de G. Bizet na Opera Baltycka (Polonia), a dirección musical da tempada 2015 da compañía donostiarra Opus Lírica cos títulos O barbeiro de Sevilla de G. Rossini e Rigoletto de G. Verdi, A Ópera dos Tres Reais co Centro Dramático Galego e as estreas mundiais de It makes no Difference…, ópera de cámara do compositor Simone Spagnolo no festival Tête à Tête dos Riverside Studios de Londres e de Die Traumende Knaben, melodrama do compositor Torsten Rasch en Dartmoor (Reino Unido). No 2019 é convidado ao Teatro Real como director musical de Don Carlo de G. Verdi. Colabora coa Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra Sinfónica de Castilla y León, Orquesta Sinfónica del Principado de Asturias, Orquesta de Extremadura, Orquestra Filarmónica de Málaga, Orquestra Sinfónica Vigo 430, Orchestre des Pays de Savoie (Francia), Akademicka Orkiestra Bydgoszcz (Polonia), Orquestra Nova da OSG (proxecto Sonfuturo), Dartington Festival Orchestra (Reino Unido) e co festival The two Moors (Reino Unido).
Obtivo o seu Mestrado artístico en dirección de orquestra (MA) na Zürcher Hochschule der Künste (Zürich, Suiza) e ampliou a súa formación xunto ao mestre Diego Masson nas edicións 2009 e 2010 da Dartington Summer School (Reino Unido). Naceu en Escarabote, A Coruña.