Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Suspendido o traballador do concello de Padrón condeado por acoso sexual

Reactívase o expediente por acoso e o suspende de emprego e soldo

Imaxe do concello de Padrón

Imaxe do concello de Padrón xerada con IA

Padrón, 19/06/2026 – O traballador do concello de Padrón condeado por acoso sexual, tal e como contabamos hai uns días, ven de ser suspendido de emprego e soldo. O alcalde, Anxo Arca, asinou o día que recibiu a sentenza o decreto que establece a medida, de aplicación inmediata.

A sentenza o condena ao traballador a seis meses de prisión e a prohibición de achegarse a menos de cincuenta metros da vítima, do seu domicilio, lugar de traballo ou calquera outro frecuentado pola mesma, ademais de prohibir que se comunique con ela durante ano e medio. A sentenza podería conducir ao despedimento do traballador.

Desde o goberno municipal indícase que “O Concello de Padrón actuou de forma inmediata unha vez coñecida oficialmente a sentenza e acreditada a culpabilidade do traballador condenado”. A vítima pedira no seu momento a apertura dun novo expediente xa que o traballador seguía achegandose a ela polo que o acoso continuaba pese á denuncia.

O gobeno municipal tamén di que “mentres non existía unha resolución firme, a Administración local mantivo un amplo conxunto de medidas preventivas e de protección da vítima propostas pola Comisión Instrutora do Protocolo de Acoso, integrada por catro mulleres traballadoras municipais”.

NU  comunicado o goberno municipal explica algunhas das medidas tomadas durante esa etapa anterior á resolución “medidas organizativas para evitar ou minimizar o contacto entre a vítima e o traballador; cambios de vestiarios, limitación do uso de vehículos municipais, implantación dun sistema de fichaxe diferenciado entre os servizos, mantemento da zona de traballo asignada á vítima, evitando que tivese que modificar os seus hábitos laborais ou o establecemento de horarios laborais diferenciados e un control específico das entradas e saídas para impedir coincidencias entre ambas as persoas.

Tam-en se autorizou á vítima para que empregase un dispositivo telefónico corporativo destinado tanto ao control horario como ás comunicacións relacionadas co traballo, establecendo ademais que ese número non puidese ser facilitado ao condenado. UN dispositivo que ademais Tiña a aplicación coñecida como botón do pánico, que permite o envío inmediato dun aviso á Policía Local, ou ao GES en horario nocturno, coa localización exacta da persoa usuaria en caso de sentirse en situación de perigo.

O Concello de Padrón reafirma “o seu compromiso coa igualdade efectiva entre mulleres e homes, coa prevención de calquera forma de acoso e coa defensa dos dereitos e da liberdade das mulleres. Precisamente pola importancia estratéxica destas ferramentas para garantir unhas políticas públicas eficaces en materia de igualdade e prevención do acoso”.

Lembran ademais a aprobación do IV Plan de Igualdade Municipal e do novo Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso, xa que o Concello levaba anos sen un plan vixente e cun protocolo desactualizado. Ambos documentos foron aprobados por unanimidade aos seis meses da constitución desta Corporación, co apoio de PSOE, PP e BNG.

O Concello de Padrón lamenta as manifestacións públicas realizadas sobre este caso que cuestionan a actuación municipal e defende que todas as decisións adoptadas responderon exclusivamente á protección da vítima e ao cumprimento das obrigas legais e das competencias que corresponden á Administración local.

Subliña tamén que a suspensión de emprego e soldo foi acordada o mesmo día en que os servizos xurídicos tiveron coñecemento oficial da sentenza condenatoria e lembra que, con anterioridade a esta resolución, xa viña aplicando un amplo conxunto de medidas preventivas e de protección da traballadora.

Post navigation

Previous: Liorta en Melide pola apertura da área recreativa de furelos
Next: “Castelao Insólito”, celebrando o centenario de “Cousas”

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.