Silleda, 2 de marzo do 2018 – O Concello de Silleda decidiu suspender ata novo aviso a sementeira prevista para este sábado día 3, coa que arrancaba a oitava edición da Malla Tradicional de Silleda.
Á vista das previsións meteorolóxicas para a xornada do sábado pola tarde e tamén das condicións do terreo no que ía ter lugar esta actividade tradicional e didáctica coas fortes choivas das últimas horas optouse por cancelar esta sementeira que se celebrará nas vindeiras semanas.
