Suso de Toro, imaxe de Loli Fernández para Lindeiros, dereitos reservados
Actualización: Suso de Toro púxose en contacto cos responsables da publicación e retiraron o artigo. Prometeron averiguar que pasara pero polo momento, segundo o autor, non hai novdades.
Compostela, 03/03/2026 – Unha cousa é que a intelixencia artficial, a famosa IA, substitúa a traballadores e outra ben distinta que se invente mundos e sucesos e os humanos os compremos.
Sendo as dúas opcións malas unha pode chegar a entenderse aínda que non se estea de acordo. O que non ten nin pes de cabeza é que un “medio dixital” asuma como certo algo sen un mínimo de contraste.
Estes días era o propio Suso de Toro o que publicaba nas súas redes sociais a sorpresa que recibiu ao ver a nova de que publicara un novo libro. O autor titulaba a publicación “substituído pola IA” e dicía que “Tanto ten que agora eu diga aquí que nunca tal escribín, a “noticia” alimentará a propia IA de onde imaxino que saiu, e pasará a ser parte da “información” sobre o autor”.

O “medio” que publica esta suposta nova editorial é Xornal21 que, segundo aparece na súa web, ten a sede en Mos e defínese como “Su socio integral en comunicación, publicidad y marketing”.
Tamén se di que se dedica ás novas do sur da provincia de Pontevedra e, polo que se ve, se no hai novas as crean. Lamentase Suso de Toro de que “Vivimos tempos monstruosos, o tempo dos servidores de Epstein, e escapa todo ao noso control”.
O máis curioso e que pese as queixas de Suso a nova segue aí, atraendo seguidores do escritor que no desexo por ler o seu traballo acaban nutrindo de clicks, e de euros, ao medio en cuestión.
