Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

SOS Sanidade pública critica duramente ao Comité Clínico

O colectivo SOS Sanidade pública emitiu una nota este domingo na que critica duramente ao Comitñe Clínico galego que xestiona a crise sanitaria.
sos-sanidade-publica-slide-8-setembro-2016_r

Compostela, 8 de febreiro do 2021 – O colectivo SOS Sanidade pública emitiu una nota este domingo na que critica duramente ao Comité Clínico galego que xestiona a crise sanitaria.

A Plataforma de Defensa da Sanidade Pública forma parte da Federación de Asociaciones en Defensa de la Sanidad Pública e leva varios anos denunciando o desmantelamento do servizo.

A Plataforma alude na súa nota ao ” desconcerto e alarma xerado polos continuos cambios de criterio sobre confinamentos, toques de queda,  vacinacións,  peche de centros  ou  servizos” e critica que a xustificación sexa que son “decisións do Grupos de Técnicos  Independentes”.

En varios puntos a Asociación indica que desde o seu punto de vista trátase dunha  “Comisión de Expertos na que case a metade  dos seus membros (47%) son cargos institucionais, cuxa designación fáise por criterios de afinidade política en lugar de pola súa experiencia ou coñecementos contrastados”. 

Engaden que en ese comité falta persoal “experto en pandemias, dado que as especialidades directamente relacionadas ca actual, como coidados intensivos, laboratorio, xeriatría, pneumoloxía,… supoñen cada unha o 2,7%, do total,  na mesma proporción de especialidades que pouco teñen que ver coa mesma e as súas consecuencias clínicas (uroloxía, dixestivo, cirurxía, oncoloxía,..)”.

A Plataforma fala tamén dos presuntos conflitos de intereses que se dan nunha maioría de membros que teñen vinculación con empresas farmacéuticas, incluíndo as que comercializan as vacinas para a Covid-19. Para o colectivo isto “fai que non sexa posible asegurar para  quen  traballan na comisión e que intereses  defenden”

No Comité clínico, según SOS Sanidade, a atención primaria só ocupa o 11% e a enfermería só un 5% sendo ambos os dous servizos esenciais na xestión da pandemia. Consideran que esta crise ten que servir para aumentar a transparencia na sanidade pública e emprazan a Xunta a tomar medidas.

Post navigation

Previous: Rois aproba por unanimidade os plans da Deputación
Next: A Xunta licitará na primavera unha nova senda peonil en Tordoia

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.