займ срочно

Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da atención primaria

0

Compostela, 23 de xuño do 2022 – SOS Sanidade Pública presentou diante do Parlamento de Galicia unha Iniciativa Lexislativa Popular, ILP, solictando cambios lexislativos en defensa da atención primaria.

A ILP foi rexistrada na cámara galega tras unha rolda de prensa na que SOS Sanidade explicou os motivos da súa presentación. Denuncian os recortes en persoal que derivan nunhas condicións de traballo cada vez máis inestables na atención primaria.

Os integrantes da plataforma explican que estes recortes afectan a médicos de familia, enfermería, matronas, traballo social ou administración. Enganden a falta de vías de comunicación cos centros de saúde. Un mal dimensionamento dos equipos profesionais e a falta de servizos como fisioterapia, psicoloxía, farmacia, logopedia, traballo social, terapia ocupacional ou atención temperá.

Tamén poñen de manifesto o progresivo peche de centros de saúde periféricos que supedita a atención primaria aos hospitais.  A  ausencia de instrumentos para a participación social na planificación e control da actividade dos centros,  medicalización da atención abandonando a promoción e prevención de saúde, ou ausencia de traballo comunitario para actuar sobre os determinantes da saúde.

A ILP nomeada “Salvar a Atención Primaria” ten como obxectivos  que o Parlamento de Galicia  debata e aprobe unha serie de medidas para garantir o acceso, da poboación á atención primaria. Buscar solucións a problemas como as listas de espera dotando de persoal suficiente en mellores condicións laborais. Recuperar a autonomía de xestión e dar participación á cidadanía.

No segundo punto a ILP propón abrir durante tres meses un proceso de información e debate sobre a situación da atención primaria e as medidas que se propoñen. Este período é o necesario para recoller 10.000 sinaturas necesarias para acompañar a ILP.

O terceiro punto resume a intención da iniciativa que se concreta en lograr o máximo apoio das organizacións sociais, axentes sociais e institucións representativas da poboación ás medidas que se propoñen.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies