Compostela, 1 de marzo do 2017 – SOS Sanidade Compostela ven de facer pública a reclamación dunha paciente a que lle deron cita para dentro dun ano.
Todo se remonta a o ano 2015 cando a doente comezou a ter un dor de cadeira persistente. A primeira resonancia feita en xaneiro do 2016 foille comunicada en xuño de ese mesmo ano e desvelou un problema na columna vertebral. Con eses resultados sanidade programa outra resonancia que realízase no mes de Nadal pasado. A cita asignada para coñecer eses resultados é no mes de febreiro do 2018 polo que a paciente reclama que sexa adiantada.
Ao longo de todo este tempo a paciente segue a ter dor.
SOS Sanidade Compostela di que escoitar ao presidente da Xunta falar de tempos de agarda e un insulto a intelixencia xa que este non é un caso illado e reclama solucións inmediatas.