Padrón, 3 de febreiro do 2022 – O BNG de Padrón ven de pedir ao goberno municipal que solucione os problemas de ocupación das vías públicas no concello.
Beatriz Rei, concelleira nacionalista en Padrón, reclamou no Pleno do pasado xoves a responsabilidade do Concello na ocupación de vías públicas por enseres e outros obxectos denunciados constantemente pola veciñanza e que non teñen resposta.
Rei sinala que, xa que teñen que ser os veciños e as veciñas os que fagan de guardiáns das vías públicas, o Goberno debería actuar con responsabilidade e, non solo retirar ou facer retirar os residuos ou enseres, senon actuar primeiro notificando e, de non correxir a actitude, impoñer as sancións correspondentes para que non volva a suceder.
Abundantes denuncias
O BNG explica que son moitas as denuncias ou avisos que dende diversos puntos do Concello son notificados ao Concello. estas queixas non son só por ocupación con obxectos de todo tipo, senón de vertidos ilegais “o que resulta máis grave e ao que dende o Goberno fan caso omiso.
A concelleira Bea Rei comunicou tamén que o abandono na limpeza de fincas está ocasionando graves problemas de salubridade, ademais do mal impacto visual no conxunto do Concello.
