Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Os socialistas impoñen en Compostela, co apoio do PP, unha xestión da auga por concesión

Tras perder a votación a proposta de BNG e CA dun modelo mixto, O Psoe propuxo a votación do modelo de concesión que foi finalmente aprobado

consellos-consumo-auga-slide-23-agosto-2022_r

A Comisión especial para analizar a forma máis sustentable e eficiente da xestión do ciclo integral da auga reuníase este luns para tomar unha decisión sobre o modelo a levar a pleno. Máis ala dos argumentos das partes as posturas eran claras e o resultado esperado.

O goberno municipal, BNG e Compostela Aberta, propuxeron unha fórmula mixta que permite un maior control. A proposta foi rexeitada e o Psoe solicitou unha segunda votación sobre o modelo de concesión que foi finalmente aprobado cos votos do PP e do Psoe.

Os socialistas levaban tempo defendendo un modelo de concesión para a auga. Máis en este caso argumentan “falta de información” para tomar como referencia o informe realizado en época de Sánchez Bugallo e obviar o realizado pola Universidade da Coruña.

O Partido Popular pola súa banda emitiu unha nota de prensa na que destaca o feito de que o Psoe vote en contra do modelo proposto por BNG e CA, lembrando que apoiaron a investidura como alcaldesa de Goretti Sanmartín,

Na nota dos populares en ningún momento  se fai referencia ao voto contrario ou orque se prefiere o modelo de concesión ao de empresa mixta para a auga. As concelleiras non adscritas, que non puideron votar na Comisión, deixan en evidencia ao PP xa que lembran que en setembro do 2022 votaron en contra do que agora apoiaron.

As non adscritas consideran que a Comisión foi unha “cortina de fume que permite ao BNG xustificarse diante de Compostela Aberta para acabar aplicando o modelo que usan onde gobernan”. Un modelo que previsiblemente será aprobado por maioría no vindeiro pleno.

Dúbidas razoables sobre o pasado da xestión da auga

 Certo é que a experiencia con concesións da auga en Santiago non foi boa. Moitos aínda lembran a operación Pokemon e o papel que a empresa Aquagest, integrada agora en Viaqua, tivo na cidade segundo o sumario.

Nos concellos limítrofes a xestión da auga é municipal, ven directa como en Teo ou por medio dunha empresa municipal como en Ames. Hai que lembrar o proxecto que Martiño Noriega perseguiu estando de alcalde en Compostela, xestións públicas da auga en Teo, Ames e Santiago que permitiran unha colaboración que abaratara os custos.

En Santiago o debate de fondo é como afrontar as numerosas, e caras, obras que hai que levar a cabo. Tal vez na licitación veremos canto están dispostas a aportar as empresas e a cambio de que. Polo momento so sabemos que, case con total seguridade, o modelo será por concesión.

Post navigation

Previous: A Deputación investirá en Compostela máis de 1,15 millóns de euros
Next: Senda peonil para Mourentáns en Brión

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.