Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Cobrar máis en festivos e fins de semana é o normal

SONY DSC

SONY DSC

Compostela, 9 de decembro do 2024 – Cobrar máis en festivos e fins de semana é o normal; o di a xustiza ao rexeitar o recurso dun sindicato á decisión do goberno socialista de Sánchez Bugallo de abonar o plus de festividade ao persoal municipal.

Marta Abal

Como era de esperar o Grupo Municipal Socialista valora positivamente a resolución entendendo que “reafirma a xestión do goberno do PsdeG”.  O recurso do sindicato remóntase á decisión da xunta de goberno local do 20 de xullo de 2020, con Sánchez Bugallo como alcalde, na que se aprobou o pago dese plus e que, sobre todo, beneficiaría á Policía Local e ao servizo de extinción de incendios. Unha decisión que atendía a unha reclamación do persoal municipal. 

A edil socialista, Marta Abal, aseguraba que a sentenza recoñece como lexítimo que o executivo decidise abonar ese plus de festividade en lugar de compensar o traballo realizado en días festivos con tempo libre.

Unha decisión, insiste, imprescindible para garantir os servizos: “de optar pola compensación con tempo de descanso corríamos o risco de quedármonos sen efectivos suficientes para garantir a seguridade e unha actuación eficiente ante posibles eventualidades”. 

“Fixemos o que tiñamos que facer”

Abal reafirmase na actuación do executivo liderado polo alcalde Sánchez Bugallo, asegurando que, “logo da polémica artificial que algúns se esforzaron en xerar”, coa resolución xudicial “queda claro que fixemos o que tiñamos que facer para garantir os servizos”. 

Engaden desde as filas socialistas que o número de efectivos, sobre todo na Policía Local, “segue a ser deficitario” e instan ao goberno local a traballar para “reforzar a plantilla”, precisamente ante “oportunidade” da retirada de taxa de reposición e sabendo que nos vindeiros anos xubilaranse 15 novos axentes. Insiste tamén  en atender a súa petición de elaborar un novo calendario para a organización de efectivos.

Post navigation

Previous: En Galicia fai un sol de carallo
Next: Sen medo. A edición 13 do Mercado da Estrela desde o 13

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.