Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo

Rafa Sisto racha o acordo de goberno en Teo e cesa aos concelleiros socialistas

O alcalde de Teo, Rafa Sisto (Son de Teo) racha o pacto de goberno que mantiña desde as eleccións do 2019 e cesa aos concelleiros socialistas.
Casa consistorial de Teo

Table of Contents

Toggle
  • Teo, 5 de outubro do 2021 – O alcalde de Teo, Rafa Sisto (Son de Teo) racha o pacto de goberno que mantiña desde as eleccións do 2019 e cesa aos concelleiros socialistas.
    • Resposta socialista
    • A Canteira
    • Cambio de escenario

Teo, 5 de outubro do 2021 – O alcalde de Teo, Rafa Sisto (Son de Teo) racha o pacto de goberno que mantiña desde as eleccións do 2019 e cesa aos concelleiros socialistas.

O acordo de goberno foi unha continuidade do acadado no 2015 aínda que a diferencia de apoios de Son de Teo e PSdeG era de tan só de 300 votos a favor do grupo de Sisto.

Rafa Sisto, alcalde de Teo

Rafa Sisto explica que o pacto de goberno non podía ir máis alá e que esta decisión podíase ter producido hai dous meses

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/01_rafa-sisto-alcalde-teo-sobre-ruptura-goberno-mais-ala-non-5-outubro-2021_01.mp3

O alcalde explica que non hai un detonante concreto, que unha serie de actitudes e comportamentos que o levaron mesmo a enfrontarse ao seu grupo para manter o goberno, pero que chega un momento no que non hai argumentos para seguir

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/02_rafa-sisto-alcalde-teo-sobre-ruptura-goberno-falta-de-coordinacion-5-outubro-2021_01.mp3

Sobre si se buscaran acordos co BNG, Rafa Sisto asegura que agotarán a súa capacidade negociadora pero que se trata dunha decisión que terá que tomar o Bloque e lembra que sempre tiveron a posibilidade de entrar no goberno

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/03_rafa-sisto-alcalde-teo-sobre-ruptura-goberno-AGOTAR-CAPCIDADE-NEGOCIADORA-5-outubro-2021_01.mp3

Resposta socialista

Uxía Lemus, voceira socialista, di que a única razón que se lles deu foi unha falta de confianza pero que ao longo do día están escoitando outros argumentos así que asume, di, que os deben de ir fabricando

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/04_uxia-lemus-voceira-socialista-teo-sobre-ruptura-goberno-fabricando-razons-5-outubro-2021_01.mp3
De esquerda a dereita, José Manuel Elías, Uxía Lemus, Mayte Argibay e Roberto Moniño

Lemus recoñece que tiña unha gran confianza no alcalde que Sisto rachou de xeito unilateral pero defende o traballo realizado e asegura que seguiran colaborando desde a oposición

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/05_uxia-lemus-voceira-socialista-teo-sobre-ruptura-goberno-cambiamos-o-concello-seguir-colaborando-5-outubro-2021_01.mp3

A Canteira

Un tema que preocupa a boa parte da veciñanza é a canteira da Casalonga. En esta cuestión tanto Rafa Sisto como Uxía Lemus parecen ter claro que a unidade é prioritaria e ambos os dous entenden que non debe cambiar nada.

O alcalde Rafa Sisto entende que a posición seguirá sendo a mesma

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/CANTEIRA_rafa-sisto-alcalde-teo-sobre-ruptura-goberno-5-outubro-2021_01.mp3

O mesmo sucede desde as filas socialistas. Uxía Lemus dí que mentres se siga na liña acordada a unidade manterase e engade que quen a racha é o Partido Popular

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/10/CANTEIRA-_uxia-lemus-voceira-socialista-teo-sobre-ruptura-goberno-cambiamos-o-concello-seguir-colaborando-5-outubro-2021_01.mp3

Cambio de escenario

Ambos os dous líderes consideran que hai un cambio de escenario polo que o que suceda está aínda por definir. O Partido Popular emitiu un comunicado no que pide que se lles deixe gobernar por ser a lista máis votada. O BNG pola súa banda terá unha asemblea local na que valorará o novo escenario.

Hoxe o Secretario Xeral dos socialistas, Gonzalo caballero, estará as doce ás portas do concello para facer unha valoración da situación.

Post navigation

Previous: Padrón alerta á veciñanza fronte as fraudes telefónicas
Next: A Deputación difunde a figura e legado de Carvalho Calero a pé de rúa

Máis novas

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

teo rois obradoiro dual 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Rois e Teo seleccionarán 20 persoas para un novo obradoiro dual de emprego

PUBLI TEO RUTA ROMAINICO SETEMBRO 2026
1 minute read
  • Xeral

III Ruta do Románico Teense

bng-parlamento-ag-59-slide-normal-3-outubro-2022_r
3 minutes read
  • Xeral

Piden melloras en Pontevea, Teo, despois da ampliación da AG-59

Lucía Calvo de la Uz alcaldesa de Teo polo Partido Popular
4 minutes read
  • Entrevistas

Municipais 2027: Lucía  Calvo, alcaldesa de Teo

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.