Santa Comba, 16 de xuño do 2021 – A Moción de Censura de Santa Comba non aportou nada inesperado e María José Pose converteuse na nova alcaldesa de Santa Comba.
É a terceira vez que Pose recolle o bastón de mando. A primeira cando sustituiu a Antonio Landeira no 2014 cando deixou o cargo por motivos persoais, despois de ser parado nun control da Garda Civil triplicando a tasa de alcohol en sangue. A segunda no 2016 na moción de censura que quitou da alcaldía de Santa Comba a José Antonio Ucha.
O pleno transcorreu sen sorpresas e repertindo os actores os argumentos xa dados. David Barbeira defendendo a súa xestión estes dous anos e denunciando o bloqueo sufrido. José Antonio Ucha culpando da moción a Barbaiera pola súa deslealdade ao no ceder o cargo. Finalmente María José Pose lembrando que son a lista máis votada e argumentando que estes dous anos foran un desastre para Santa Comba.
Quedan sobre a mesa dous flecos que poden mudar algunha cousa en estes dous anos. Primeiro o teórico expediente que o PSdeGA abrirá a José Antonio Ucha e Cristina Fajín por apoiar a moción, Por outra banda a denuncia por presunta prevaricación contra María José que podería, de confirmarse as acusacións, chegar incluso a inhabilitala.
En dous anos novas eleccións pero nin Barbeira, cun Compromiso X Galicia casi desaparecido; nin Ucha, co expediente disciplinario rondando; nin tampouco María José Pose, cunha denuncia no xulgado, poden asegurar si se presentarán ou onde estarán daquela.