Compostela, 10 de novembro do 2018 – As variedades lingüísticas en contacto na Península Ibérica son o eixo ao redor do que se centrarán os relatorios do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC ,ILG, 2018.
O traballo do ILG estenderase entre o próximo luns 12 e o mércores 14 no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. O debate que xurda pretende profundar nas posibles análises lingüísticas de situacións de contacto en comunidades que son próximas cultural e xeograficamente no ámbito peninsular. Os relatorios propostos mostrarán de que xeito se pode abordar a descrición e análise desta constante na historia lingüística da humanidade.
O encontro, que nesta ocasión coordinan Francisco Dubert García, Xulio Sousa e Vítor Míguez, parte da idea de que a situación de linguas en contacto é inevitable e unha constante na historia e evolución das variedades lingüísticas. Neste senso, lembran como na actualidade existen ao redor de 6000 linguas faladas en 194 países. Consideran que a situación do galego, e a doutras linguas peninsulares, “non é nin singular nin extraordinaria”. Lembran a modo de exemplo como na Península Ibérica dáse contacto entre o asturiano e o castelán, entre o castelán e o portugués, entre o mirandés e o portugués, entre o vasco e o español, e tamén, amais doutros moitos casos, entre estas linguas e os distintos idiomas de inmigración.
Igualmente, os especialistas destacan que o contacto tamén é posible no interior das linguas, “dado que os idiomas vivos son un conxunto de variedades sociais, xeográficas,… en convivencia e intercambio continuo”. As situacións de contacto, as súas causas e consecuencias, poden ser analizadas dende moitas perspectivas (social, lingüística, etnográfica, histórica, psicolingüística etc.).
Programa
No programa previsto abordaranse estas reflexións da man dun cadro de relatorios nos que se traerá a debate cuestións relativas aos patróns de converxencia en linguas tipoloxicamente non relacionadas, a mudanza lingüística nun contexto de mestura, o contacto entre o castelán e o catalán ou entre o mirandés e o portugués ou, entre outros, o contacto de linguas e variedades na emerxencia de novos modelos de vocalismo en galego.
A inauguración oficial está prevista para as 16.30 horas e dará paso ás dúas primeiras conferencias previstas: a de Alberto Gómez Bautista (Instituto Politécnico de Lisboa-ISCAL / Centro de Línguas, Literatura e Culturas da Universidade de Aveiro), co relatorio ‘Mirandés e portugués: linguas en contacto’ e, xa a partir das 18.00 horas, a de Ana R. Luís (da Facultade de Letras da Universidade de Coimbra), co tema ‘A mudança linguística no contexto da crioulização: uma tipologia para o desenvolvimento morfológico’.
Hi
I’d like to show you our new software that all website owners or users should try out. It shows you exactly where your website is placed in Google and we give you never-seen-before tips on how to increase your rankings for FREE.
Prices start at just $19.99pm. If you search in Google while logged in, you get skewed results, so our bespoke software uses a combined pool of random IPs to give you an exact result. It is VITAL data for anyone that handles or owns a website.
Increasing your rankings in Google is imperative to your website’s success. Even if you use social media or other forms of marketing, having a top #3 placement for your target keywords gives you passive traffic to your site.
https://www.track-r.net -> there’s a 7 day free trial. If you like it, then the low payment comes out automatically. If you want to cancel, just hit Subscriptions>Cancel.
We launched in April and are dominating our own industry. With over 500 customers, our 1,000 target before Xmas is looking good. Let us help you and in turn we can achieve our target.
Our Black Friday deal is in play now, we doubled the amount of keywords for the same price….this is staying put….for now….join us and lock in your package today.
Track-R.net
aaaa內容aaaaa