Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Silleda
  • Xeral

Estimado o recurso de Plenoil contra a paralización da instalación dunha gasolineira en Silleda

A xustiza ven de estimar o recurso presentado por Plenoil, que paralizaba a instalación dunha gasolineria no Barrio do Campo de Silleda.
silleda-non-gasolinera-slide-normal-18-febreiro-2021_r

Bisbarra, 5 de outubro do 2022 – A xustiza ven de estimar o recurso contencioso administrativo, presentado pola empresa Plenoil, que paralizaba a instalación dunha gasolineria no Barrio do Campo de Silleda.

En xaneiro do 2021 o concello alegaba ante a Xunta e una mes despois a Conselleira de Medio Ambiente resolveu que non procedía a declaración de incidencia ambiental  en base ao informe do Concello. Plenoil decidiu entón presentar un recurso contencioso que agora foi estimado.

Na presentación do recurso o concello de Silleda compareceu como parte. O alcalde, Manuel Cuíña, di que “Imos a estudar co bufete de avogados que leva o caso este novo fallo, e así mesmo, dende o Concello realizaremos unha valoración exhaustiva da declaración de incidencia de impacto ambiental cando esa se formule”.

Do mesmo xeito, Cuiña lamenta que a empresa non accedera á proposta do goberno local de buscar un emprazamento alternativo para a gasolineira. “Non estamos en contra da libre competencia, nin desta instalación en particular, pero tal e como mantivemos dende o principio non nos parece o lugar axeitado para instalar unha estación de servicio”, indica o alcalde.

Neste senso, Manuel Cuiña volve a tender a man á firma para buscar outra ubicación “como por exemplo o entorno do polígono empresarial Área 33. Sempre dixemos que non nos gustaba a ubicación proposta, moi preto de vivendas e preto doutra estación de servizo ”, engade.

Post navigation

Previous: Melide aproba obras de pavimentación no rural
Next: A xustiza paraliza o parque eólico do Campelo, en Santa Comba

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.