Silleda, 22 de xuño do 2022 – Este venres 24 comeza a terceira edición do reoteiro Tapecos, que organiza a Asociación de Empresarios e comerciantes de Silleda e que durará ata o 8 de xullo.
Dúas semanas nas que as tapas serán as protagonistas nos sete establecementos asociados. Tapecos ofrecerá en este 2022 tapas como “Bocadiño de lacón agridoce con tempura de pementos”, “Maki causa”, “Miniburguer de ternera, bacon, queixo tetilla e salsa” ou “Bocadiño de cogomelo con alioli”. O prezo é de 2,20 € tapa.
A asociación repartirá 3 premios nesta edición: un primeiro e un segundo premio elixidos por un xurado profesional e haberá outro premio elixido polo público á tapa máis votada.
Este ano os sete establecementos participantes son o Bodegón de Esther, Pukará, Debibián Café Bar, Alborada Cafetería e Lugar de Xuntanzas, Café Ina e os recentemente incorporados á asociacion: D´Kotiño e Tapería Mirtitha´s.
Ademais dos premios que conceden os empresarios en colaboración co Concello de Silleda, sortearanse outros agasallos (2 xamóns, botellas de viño, un almorzo para dous, etc) doados polos establecementos participantes. Os que entreguen as cartillas seladas nos sete locais de restauración da vila que presentan tapas a concurso optarán a estes agasallos.
Desde ECOS animan á xente da comarca a formar parte desta actividade gastronómica local e agradecen o compromiso e a implicación dos locais participantes así como o esforzo e o alto nivel posto no deseño, orixinalidade e traballo das tapas que presentan a concurso.