займ срочно

Teatro da Ramboia leva a Silleda “O meu mundo non é deste reino”

0

Bisbarra, 9 de decembro do 2022 – O programa “Tornar as táboas” da Deputación de Pontevedra programa en Silleda “O meu mundo non é deste reino” de Teatro da Ramboia.

O auditorio Manuel Dopazo acollerá a representación este sábado día 10 as oito da tarde. ‘O meu mundo non é deste reino’’ é unha adaptación libre da “Farsa de Bululú” de Manuel María. Unha parodia da ditadura franquista, escrita en 1973.

Teatro da Ramboia busca con esta adaptación un equilibro entra a farsa de monicreques orixinais e un enfoque máis histórico a través da conversa entre os dous personaxes protagonistas. Anxo García e Fran Lareu, cunha recoñecida traxectoria nas artes escénicas, dan vida sobre o escenario a Camilo e Tomás, os dous feirantes  que levan o mesmo espectáculo, unha e outra vez polas vilas do país.

A obra recupera o nome orixinal ideado por Manuel María; un xeito de darlle voz as queixas silenciadas no seu día pola ditadura. A obra foi a gañadora do primeiro Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, ademais de gañar dous premios María Casares: á mellor adaptación e mellor dirección.

Este espectáculo está recomendado para público a partir de 14 anos. Dende a Concellería de Cultura, que agradece o apoio da Deputación co programa “Tornar ás Táboas”, anímase á veciñanza a desfrutar desta aposta escénica, unha das máis aclamadas nos últimos tempos no panorama teatral galego. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies